Goberno Militar de Pontevedra
edificio ecléctico en Pontevedra From Wikipedia, the free encyclopedia
O Goberno Militar de Pontevedra é un edificio de finais do século XIX na cidade de Pontevedra deseñado polo arquitecto Alejandro Sesmero.
Goberno Militar de Pontevedra | ||||
---|---|---|---|---|
![]() Fachada principal á beira do Parque das Palmeiras | ||||
Nome inicial | Grupo Escolar Eduardo Vincenti | |||
Tipo | edificio e edificio militar | |||
Estilo | arquitectura ecléctica | |||
Uso(s) | Sede da Subdelegación de Defensa na provincia de Pontevedra | |||
Localización | ||||
Enderezo | Paseo de Cervantes, 3 | |||
Localización | Pontevedra | |||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | Provincia de Pontevedra | |||
Concello | Pontevedra | |||
Construción | ||||
Inicio | 1889 | |||
Remate | 1892 | |||
Fundación | 1892 | |||
Dimensións | ||||
Plantas | 2 (planta baixa + 1 andar) | |||
Implicados | ||||
Propietario | Ministerio de Defensa de España | |||
Arquitecto(s) | Alejandro Sesmero | |||
Contratista | José Cons Estévez | |||
[ Wikidata ] |
Localización
O edificio está situado no límite sueste do Parque das Palmeiras no centro de Pontevedra.
Historia
En 1879 o alcalde de Pontevedra Alejandro Mon Landa propuxo crear unha casa escola para agrupar as escolas de instrución primaria da cidade. En 1882 o arquitecto Alejandro Sesmero presentou o deseño. Debido a que se considerou que o orzamento era demasiado elevado, a execución do proxecto sufriu un importante atraso. A finais de 1885 o alcalde José López Pérez retomou o proxecto e Sesmero retocouno para rebaixar o orzamento. En setembro de 1887 aprobouse a construción do edificio no antigo campo da feira de San Xosé.[1]
As obras adxudicáronse ao construtor José Cons Estévez e empezaron en 1889[2] e concluíron en abril de 1892. O edificio inaugurouse como escola en agosto de 1892. En setembro dese ano iniciouse no edificio, que se denominou Grupo Escolar Eduardo Vincenti (popularmente Grupo Escolar Las Palmeras), o curso académico de todas as escolas graduadas da cidade reunidas.[3]
O edificio funcionou provisionalmente como Hospital de Campaña no período comprendido entre a derriba do Hospital de San Xoán de Deus da praza de Curros Enríquez e a construción do Hospital Provincial de Pontevedra (1896-1897). Desde 1898[4] o edificio acolleu a Brigada Topográfica do Goberno Militar de Pontevedra ata que en 1909 foi devolto ao concello. Con todo, o concello de Pontevedra cedeu definitivamente ao Exército o edificio para uso militar en 1913 como sede do Goberno Militar da provincia de Pontevedra.[3]
O 19 de xuño de 1995 o Goberno Militar de Pontevedra transformouse na Delegación de Defensa da provincia de Pontevedra.[5] Algúns anos despois, por orde do 7 de novembro de 2003 a Delegación de Defensa de Pontevedra converteuse como na maioría das capitais provinciais españolas en Subdelegación de Defensa da provincia.[6]
Descrición
O edificio foi deseñado inicialmente polo arquitecto Alejandro Sesmero cunha soa altura para evitar as caídas dos nenos ao subir e baixar escaleiras.[1]
Trátase dun edificio de planta rectangular e alongada no que predominan as liñas horizontais. Consta de planta baixa e primeiro piso e tres corpos na fachada principal. Os vans teñen recercados planos rematados en arcos rebaixados. O corpo central está lixeiramente máis avanzado e decorado que os laterais. Na entrada principal destaca o balcón de pedra no primeiro piso apoiado en dúas columnas con capiteis de orde toscana que sosteñen un entaboamento liso.[7]
A fachada traseira ten un deseño similar ao da fachada principal pero ten un corpo central saínte no lugar da balconada e da entrada porticada ao edificio. Está rodeada dun espazo con árbores e xardíns de uso privado para o ministerio de Defensa.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.