Miguel I de Rusia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Miguel I de Rusia ou Miguel III de Rusia (en ruso:Михаи́л Фёдорович Рома́нов, Mikhail Fiodorovich Romanov), nado en Moscova o 21 de xullo de 1596 e finado na mesma cidade o 13 de xullo de 1645, foi un nobre ruso, o primeiro tsar de Rusia da dinastía Romanov. O seu reinado marcou o final do Período Tumultoso.
Remove ads
Remove ads
Vida e reinado
Miguel foi elixido tsar de Rusia de xeito unánime por unha asemblea nacional o 21 de febreiro de 1613, pero os delegados desta non atoparon ó novo tsar e a súa nai ata o 24 de marzo no Mosteiro Ipatiev preto de Kostroma. A nai do novo tsar protestou, argumentando que o seu fillo era demasiado novo para ostentar ese cargo en tempos tan problemáticos. Os boiardos declararon que se continuaba rechazando o posto, acusarano ante Deus de ser o responsable da destrución de Rusia. Finalmente, Miguel aceptou o trono.
A situación na capital era tan estrepitosa naqueles momentos que Miguel tivo que esperar varias semanas no mosteiro de Troitsa, a 121 km, antes de que lle puideran proporcionar unha boa acomodación en Moscova. Foi coroado o 22 de xullo de 1613. Comezou o seu reinado nun país devastado polas invasións suecas e polacas, ás que puxo fin mediante a 'Paz de Stolbovo con Suecia e a Tregua de Deulino con Polonia. O resultado máis importante da Tregua de Deulino foi o retorno do exilio do seu pai, quen asume o control do goberno ata a súa morte en outubro de 1633, quedando Miguel relegado a unha posición totalmente subordinada.
Casou dúas veces, a primeira delas con María Vladimirovna Dolgorukova (1624), quen finou catro meses despois da voda. O seu segundo matrimonio foi con Eudoxia Streshneva (1608-1645), coa que tivo dez fillos. Miguel non puido casar a súa filla Irene co príncipe Waldemar de Dinamarca, pois este negouse a aceptar a ortodoxia. Tal evento aflixíuno e contribuíu á súa morte o 12 de xullo de 1645.
Remove ads
Descendencia
Miguel foi pai de dez nenos no seu matrimonio con Eudoxia Streshneva:
Remove ads
Antepasados
16. Yuri Zakharievich Koshkin | ||||||||||||||||
8. Roman Yurievich Zakhariev | ||||||||||||||||
4. Nikita Romanovich Zakhariev-Yuriev | ||||||||||||||||
9. Juliana Fedorovna | ||||||||||||||||
2. Fiodor Nikitich Romanov | ||||||||||||||||
1. Miguel I de Rusia | ||||||||||||||||
3. Xenia Shestova | ||||||||||||||||
Predecesor: Ladislau IV de Polonia |
![]() Tsar de Rusia 1613 - 1645 |
Sucesor: Alexis I de Rusia |
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads