Migas de pan

filme de 2016 dirixido por Manane Rodríguez From Wikipedia, the free encyclopedia

Migas de pan é un filme uruguaio-galego de 2016 dirixido por Manane Rodríguez. Está protagonizado por Cecilia Roth e Justina Bustos.[2] Foi escollido como candidato do Uruguai para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 89ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[3]

Datos rápidos Ficha técnica, Título orixinal ...
Migas de pan
Ficha técnica
Título orixinalMigas de pan
DirectorManane Rodríguez
ProdutorChelo Loureiro
GuiónManane Rodríguez
Xavier Bermúdez
IntérpretesCecilia Roth
Justina Bustos
María Pujalte
Margarita Musto
Stefanía Crocce
Sonia Méndez
Nuria Fló
Patxi Bisquert
Sergio Quintana
Ernesto Chao
María Vidal
Artur Trillo
FotografíaDiego Romero Suárez-Llanos
MontaxeSandra Sánchez
EstudioXamalú Filmes
RCI Producciones
Estrea14 de agosto de 2016
Duración109 minutos
Orixe Galicia
Uruguai
XéneroDrama
Recadación18.341,39 € [1]
Na rede
Filmaffinity: 965224
Pechar

Na 15ª edición dos Premios Mestre Mateo, o filme foi nomeado en tres categorías, mellor filme, mellor guión e mellor maquillaxe e peiteado, mais finalmente non conseguiu ningún dos galardóns.

Estreouse en galego o 6 de marzo de 2021 na tvG2.[4]

Sinopse

A moza Liliana Pereira (Justina Bustos), en Montevideo, universitaria e nai dun bebé, participa nas loitas estudantís contra a ditadura cívico-militar no seu país. Xunto a outras mulleres, é secuestrada, encerrada e torturada, e desposuída da patria potestade do seu fillo. O apoio mutuo coas súas compañeiras de reclusión fortalécea e acompáñaa. Tras anos de exilio en España, e ó decatarse de que será avoa, Liliana Pereira (Cecilia Roth) decide volver ó Uruguai para participar coas súas excompañeiras na denuncia do inferno sufrido na súa mocidade e para recuperar os vínculos sentimentais co seu fillo.

Elenco

  • Cecilia Roth como Liliana Pereira
  • Justina Bustos como Liliana Pereira (moza)
  • Patxi Bisquert
  • Ernesto Chao
  • María Pujalte
  • Margarita Musto
  • Quique Fernández
  • Andrea Davidovics
  • Ignacio Cawen
  • Stefanía Crocce
  • Sonia Méndez
  • Nuria Fló
  • Inés Lage
  • Sergio Quintana
  • María Vidal
  • Artur Trillo

Galardóns e nomeamentos

Premios Mestre Mateo

Máis información Ano, Categoría ...
AnoCategoríaReceptorResultado
15ª ediciónMellor filmeManane RodríguezNomeado
Mellor guiónManane Rodríguez, Xavier BermúdezNomeados
Mellor maquillaxe e peiteadoSusana Veira, Yolanda Sousa, Mariana Correa, Sandra Ramos, María Laura ReboraNomeadas
Pechar

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.