Michael Anderson
director de cine británico From Wikipedia, the free encyclopedia
director de cine británico From Wikipedia, the free encyclopedia
Michael Joseph Anderson, nado en Londres (Inglaterra) o 30 de xaneiro de 1920 e finado en Vancouver (Canadá) o 25 de abril de 2018,[1] foi un director de cine británico, coñecido por filmes como A volta ao mundo en oitenta días (polo que foi candidato ao Óscar) e Logan's Run.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Michael Joseph Anderson 30 de xaneiro de 1920 Londres, Reino Unido |
Morte | 25 de abril de 2018 (98 anos) Vancouver, Canadá |
Actividade | |
Ocupación | director de cinema, director de televisión, realizador |
Período de actividade | 1949 - 1999 |
Familia | |
Cónxuxe | Adrienne Ellis (1977–2018) |
Fillos | Michael Anderson Jr. |
Pai | Lawrence Anderson |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Anderson naceu nunha familia do mundo do teatro. Os seus pais foron Lawrence e Beatrice Anderson e a súa tía avoa (Mary Anderson) foi a primeira actriz que tivo un teatro co seu nome en Louisville, Kentucky.
Logo de servir na segunda guerra mundial, comezou no cinema británico, debutando en 1949 con Private Angelo. A este, seguiron filmes como Waterfront Women (1950), o filme bélico The Dam Busters (1954) e a adaptación ao cinema da novela de George Orwell Nineteen Eighty-Four.
A fama chegoulle sobre todo por A volta ao mundo en oitenta días, adaptación da novela homónima de Jules Verne, que foi un éxito de público e que lle valeu unha candidatura ao Óscar á mellor dirección. Tralo éxito do filme, instalouse en Hollywood, mais as súas obras posteriores non chegaron ao éxito desta. Entre estas destacaron As sandalias do pescador (1968) Doc Savage: The Man of Bronze (1975), Logan's Run (1976) ou Orca (1978).
Posteriormente, participou na realización de miniseries como The Martian Chronicles ou Sword of Gideon.
Anderson casou en tres ocasións:
Anderson faleceu o 25 de abril de 2018 aos 98 anos de causas naturais.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.