escritor mozambicano From Wikipedia, the free encyclopedia
António Emílio Leite Couto, coñecido como Mia Couto, nado na Beira o 5 de xullo de 1955, é un escritor e xornalista mozambicano.
(2006) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de xullo de 1955 (69 anos) Beira, Mozambique (pt) |
Educación | Universidade Eduardo Mondlane |
Actividade | |
Lugar de traballo | Maputo |
Ocupación | escritor, novelista, poeta, xornalista, biólogo, escritor de literatura infantil |
Empregador | Tempo (pt) Notícias (pt) Agência de Informação de Moçambique (pt) |
Membro de | |
Familia | |
Pai | Fernando Leite Couto |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, Obálky knih, |
En 2008 foi Premio Rosalía de Castro do Centro PEN Galicia.[1]
Fillo de portugueses[2] que emigraran para Mozambique en mediados do século XX, Mia naceu e foi escolarizado na Beira. Con catorce anos de idade, publicou algúns poemas no xornal Notícias da Beira e tres anos despois, en 1971, mudouse para a cidade capital de Lourenço Marques (que agora se chama Maputo). Iniciou os estudos universitarios en medicina mais abandonou esta área no principio do terceiro ano, pasando a exercer a profesión de xornalista despois do 25 de abril de 1974. Traballou na Tribuna até a destrución das súas instalacións en setembro de 1975 por colonos unionistas contrarios á independencia. Foi nomeado director da Axencia de Información de Mozambique (AIM) e formou unións de correspondentes entre as provincias mozambicanas durante o tempo da guerra de liberación. A seguir traballou como director da revista Tempo até 1981 e continuou a carreira no xornal Notícias até 1985. En 1983, publicou o seu primeiro libro de poesía, Raiz de Orvalho, que inclúe poemas contra a propaganda marxista militante[3]. Dous anos despois, dimitiu do cargo de director para continuar os estudos universitarios de bioloxía.
Alén de considerado un dos escritores máis importantes de Mozambique e é o escritor mozambicano máis traducido. En moitas das súas obras, Mia Couto tenta recrear a lingua portuguesa cunha influencia mozambicana, utilizando o léxico de varias rexións do país e producindo un novo modelo de narrativa africana. Terra Sonâmbula, o seu primeiro romance, publicado en 1992, gañou o Premio Nacional de Ficción da Asociación dos Escritores Mozambicanos en 1995 e foi considerado un dos doce mellores libros africanos do século XX por un xurado creado pola Feira do Libro do Zimbabue. En 2007 foi entrevistado pola revista Isto É[4]. Foi fundador dunha empresa de estudos ambientais da cal é colaborador.
Mia Couto teen unha obra literaria extensa e diversificada, incluíndo poesía, contos, novelas e crónicas, e é considerado como un dos escritores máis importantes de Moçambique. Moitos dos libros de Mia Couto son publicados en máis de 22 países e traducidos en alemán, francés, español, catalán, inglés e italiano.
Estilisticamente, a súa escrita está influenciada polo realismo máxico, un movemento popular nas literaturas latinoamericanas modernas. Con todo, por ser a súa literatura africana, o termo "máxico" non se aplica, sendo clasificada como Realismo Animista. O seu uso da linguaxe fai lembrar o escritor brasileiro João Guimarães Rosa, mais tamén está influenciado polo escritor Jorge Amado. É coñecido por crear proverbios, ás veces coñecidos como "improverbios", nas súas obras de ficción, así como enigmas, lendas e metáforas, dando uma dimensión poética grande.
Mia Couto escribe para adultos e para cativos.
Mia Couto estreouse nos contos e nunha nova maneira de falar -ou "falinventar"- portugués, que continúa a ser o seu "ex-libris".
Publicou en libros algunhas das súas crónicas, moitas columnas nos semanarios publicados en Maputo, capital de Mozambique.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.