A metrópole de Calcedonia (en grego: Μητρόπολη Χαλκηδόνος) é unha diocese do Patriarcado Ecuménico de Constantinopla. A metrópole foi creada no 451, na época do Concilio de Calcedonia. É unha das catro metrópoles ortodoxas gregas que persisten en Turquía, e a única en Asia Menor (Anatolia).

Datos rápidos Epónimo, Localización ...
Modelo:Xeografía políticaMetrópole ortodoxa grega de Calcedonia
Thumb

EpónimoCalcedônia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Poboación
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de

Páxina webec-patr.org… Editar o valor en Wikidata
Pechar

Historia

Orixes do cristianismo e Concilio de Calcedonia

O cristianismo expandiuse pola rexión de Calcedonia xa dende o século II. Entre os primeiros bispos, Hadrián de Nicomedia foi martirizado durante os primeiros tempos, e é venerado pola Igrexa Ortodoxa.

A cidade de Calcedonia gañou prestixio polo concilio ecuménico nela celebrado en 451, a iniciativa do emperador bizantino Marciano. A súa intención era rexeitar as decisións do Segundo Concilio de Éfeso de 449. As decisións do concilio consolidaron o credo niceno e rexeitaron como heréticas doutrinas como o apolinarismo, o monofisismo e o nestorianismo.

Era bizantina

En 451 o bispado de Calcedonia foi elevado a metrópole. Foi a terceira metrópole da rexión de Bitinia, na Asia Menor noroccidental, e o seu prelado tiña o título oficial de exarca de toda Bitinia.

Algúns metropolitas e bispos de Calcedonia participaron na controversia iconoclasta dos séculos VIII e IX. Algúns deles foron martirizados e son venerados hoxe na Igrexa Ortodoxa, como os metropolitas Niceto, Cosme e Xoán.

Posteriormente, circa 1100, o metropolita Leo foi acusado de herexía. Pola súa parte, el acusou ao emperador Alexios I Komnenos de sacrilexio e iconoclastia, por permitir a fundición de obxectos de ouro e prata para soster a súa guerra.

Thumb
Metrópoles ortodoxas gregas en Asia Menor, c. 1880.

Período otomán

Durante o século XIV a sé permaneceu vacante, pola conquista da rexión polos otománs. Porén, foi reorganizada no século XV, posiblemente logo da caída de Constantinopla e a incorporación do patriarcado ecuménico ao sistema Millet otomán. O primeiro metropolita desa época foi Xosé, en 1477. Durante os seguintes anos a súa xurisdición estendeuse cara ao leste. A finais do século XVII a sé foi transferida a Kuzguncuk, onde permaneceu até 1855.

Dende a metade do século XIX a metrópole prosperou grazas ao aumento significativo da poboación e ao seu desenvolvemento económico. En 1855 a sé volveu a Calcedonia.

Século XX

En 1923, logo do tratado de Lausana e o subseguinte intercambio de poboación entre Grecia e Turquía, a poboación ortodoxa grega debía retirarse de Anatolia, coa excepción das partes asiáticas de Constantinopla. É por isto que a metrópole quedou como a única activa en Anatolia, e unha das catro en Turquía. Durante o pogrom de Istambul anti grego de setembro de 1955, once templos baixo xurisdición da metrópole foron destruídos, conseguindo tan só salvar tres deles. Ademais, a multitude fanatizada asaltou a casa do metropolita e arrastráronlle espido polas rúas da cidade durante horas.

O declive da poboación grega en Constantinopla, especialmente dende 1964, ten deixado a metrópole tan só cun pequeno número de fregueses.

Xeografía e demografía

Durante a época bizantina, a metrópole de Calcedonia sempre apareceu nas listas do Notitiae Episcopatuum. Non hai información exacta sobre a extensión da súa xurisdición eclesiástica, pero probablemente coincidiría coa cidade de Calcedonia xunto a algúns lugares da beira asiática do Bósforo. A comezos do período otomán a metrópole foi expandida cara ao leste para incluír Heraclea Póntica e Amastris, incluíndo ademais as Illas Príncipe. A finais do século XIX foi expandida novamente para abranguer unha franxa costeira do mar Negro, dende Darıca a Zonguldak.

Até 1922 a metrópole estaba constituída por un total de 38 comunidades ortodoxas gregas, a maioría delas na rexión de Mesothynia. Dende 1923 a poboación grega diminuíu dramaticamente, como parte do intercambio de poboación entre Grecia e Turquía, e durante o século XX o seu nome continuou a diminuír, especialmente logo de 1964. Hoxe tan só restan uns poucos fieis cristiáns na metrópole, formando as Illas Príncipe unha metrópole separada dende 1924.

Episcopoloxio

Xerarcas até o Gran Cisma

Até o Gran Cisma entre a Igrexa Ortodoxa e a Igrexa Católica, os seguintes foron os xerarcas ocupantes da sé:[1]

  • Teócrito (Θεόκριτος, Theokritos) (entre os séculos II e III)
  • Hadrián (entre os séculos II e IV)
  • Maris (Μάρνος, Marios) (comezos de 325 - 362)
  • Teodolo (mencionado en 381)
  • Cirino (comezo de 403 - xuño de 405, finado)
  • Filoteo (mencionado en xuño de 405)
  • Eulalio (antes de 430 - despois de maio 450, finado)
  • Eleuterio (antes de outubro de 451 - despois de 459)
  • Heraclio (antes de 500 - antes de xullo de 518, finado)
  • Marcián (antes de xullo de 518 - despois de 520)
  • Fotino (mencionado en 536)
  • Constantino (mencionado en 553)
  • Pedro (finais do século VI - comezos do século VII)
  • Probo (comezos do século VII)
  • Xoán I (antes de 680 - despois de 692)
  • Niceto (metade do século VIII)
  • André (despois de 780 - antes de 787, finado)
  • Estauracio (mencionado en 787)
  • Cosme
  • Xoán II (antes de 820 - 824, finado)
  • Damián
  • Basilio (? - 858, deposto)
  • Zacarías (858 - 870, deposto)
  • Basilio (por segunda vez, 870 - 877, finado)
  • Zacarías (por segunda vez, 877 - 879, finado)
  • Estevo (finais do século IX)
  • Miguel (primeira metade do século X)
  • Xoán III (século X)
  • Daniel (mencionado en 997)
  • Teodoro (antes de 1023 - despois de 1027)
  • Niceto II (contemporáneo de Miguel Cerulario)

Xerarcas ortodoxos

  • Athanasios Papas (Αθανάσιος Παπάς) (dende o 21 de marzo de 2008)

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.