Metamielocito
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un metamielocito é unha célula que está sufrindo a granulopoese, derivada dun mielocito, e que dará lugar a unha célula en banda (cun núcleo delgado, recto ou curvado, designado como forma de banda). Os metamielocitos divídense en tres liñas celulares (neutrófila, eosinófila e basófila), que darán lugar aos tres tipos de leucocitos granulocitos: neutrófilo, eosinófilo e basófilo.[1]



O metamielocito caracterízase pola aparición dun núcleo escotado (cun entrante), gránulos citoplasmáticos específicos, con contido encimático e a ausencia de nucléolos visibles. Se o núcleo non está escotado é probable que estea aínda na etapa de mielocito.[1]
Galería
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.