From Wikipedia, the free encyclopedia
Metón de Atenas (grego: Μέτων ὁ Ἀθηναῖος; xen.: Μέτωνος;), nado cara ao -460, foi un matemático, astrónomo, xeómetra, e enxeñeiro que viviu en Atenas no século -V.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século V a. C. Atenas, Grecia |
Morte | valor descoñecido |
Actividade | |
Campo de traballo | Astronomía |
Ocupación | astrónomo, enxeñeiro, matemático |
Obra | |
Obras destacables | |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru |
É máis coñecido polo seu ciclo metónico de 19 anos que introduciu en -432 no Calendario ático lunisolar como método para o cálculo de datas. Metón atopou que 19 anos solares son case igual a 235 meses lunares e 6.940 días.[1]
Metón foi un dos primeiros astrónomos gregos en facer observacións astronómicas exactas. Traballando con Euctemón, observou o solsticio de verán o 27 de xuño de -432, que significaba o comezo do Ano Novo para os atenienses.
Metón aparece brevemente como un personaxe na obra de Aristófanes As aves. Vai sobre o escenario levando instrumentos de topografía e é descrito como un xeómetra.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.