lugar da parroquia de San Martiño de Ozón, no concello de Muxía From Wikipedia, the free encyclopedia
Merexo é un lugar da parroquia de San Martiño de Ozón no concello coruñés de Muxía na comarca de Fisterra. Tiña 133 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 65 eran homes e 68 eran mulleres.
Merexo | |
---|---|
Parroquia | San Martiño de Ozón |
Concello | Muxía |
Coordenadas | 43°05′57″N 9°10′40″O |
Poboación | 116 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Está situada na ladeira oeste dun pequeno monte, presidindo unha enseada. É un lugar moi típico, tanto polos seus hórreos como polas súas casas tradicionais, varias delas restauradas fai pouco tempo.
Entre os seus atractivos turísticos atópase a praia do Lago, cuxa parte meridional se acha neste lugar.
Por este lugar pasa a 6ª etapa da ruta de sendeirismo do Camiño dos Faros
Na punta de Merexo houbo unha fábrica de salgadura, aínda que na actualidade instalouse unha piscifactoría que se dedica á produción do rodaballo.
Actualmente atópase nunha disputa entre a Xunta, que quere construír unha planta de acuicultura de máis 270.000 m2, e os veciños do lugar, que non a queren.
Lugares da parroquia de San Martiño de Ozón no concello de Muxía (A Coruña) | |
---|---|
Agranzón | Álvaro | A Casa do Monte | Castelo | Castiñeiro | Cebráns | Fumiñeo | A Gatarante | Merexo | Ozón | A Pedreira | Peropombo | Quintáns | A Raposa | San Martiño | Señores | Suxo | Vilar de Sobremonte | O Vilarvello | Vilela |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.