Memorias de África (en inglés: Out of Africa) é un filme estadounidense de 1985, baseada no libro autobiográfico Den afrikanske Farm da escritora danesa Isak Dinesen. Adaptado por Kurt Luedtke a partir deste libro e doutras obras de Dinesen, o filme foi dirixido por Sydney Pollack e obtivo sete Premios Óscar, incluíndo o de mellor filme, mellor dirección e mellor guión adaptado.

Datos rápidos Ficha técnica, Título orixinal ...
Memorias de África
Ficha técnica
Título orixinalOut of Africa
DirectorSydney Pollack
ProdutorSydney Pollack
Terence Clegg
GuiónKurt Luedtke
Baseado enDen afrikanske Farm de Isak Dinesen
IntérpretesMeryl Streep
Robert Redford
Klaus Maria Brandauer
Michael Kitchen
Malick Bowens
Joseph Thiaka
Stephen Kinyanjui
Michael Gough
Suzanna Hamilton
Rachel Kempson
Graham Crowden
Leslie Phillips
Mike Bugara
Shane Rimmer
Job Seda
MúsicaJohn Barry
FotografíaDavid Watkin
MontaxePembroke Herring
Sheldon Kahn
Fredric Steinkamp
William Steinkamp
DistribuidoraUniversal Pictures
Estrea1985
Duración150 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama / Romántica
Orzamento$28 000 000[1]
Recadación$128 499 205[2]
Na rede
IMDB: tt0089755 Filmaffinity: 447941 Allocine: 1592 Rottentomatoes: m/out_of_africa Mojo: outofafrica Allmovie: v36787 TCM: 19122 TV.com: movies/out-of-africa BNE: XX3960488 Netlix: 60000019 Editar o valor en Wikidata
Pechar

Narra, apartándose significativamente do texto do libro orixinal, varios episodios da vida de Dinesen en Kenya, durante a época na que esta era unha colonia británica.

Estreouse en galego a través da TVG.[3]

Sinopse

A comezos do século XX, Karen Blixen (nome real da escritora danesa Isak Dinesen), decide casar e irse a vivir co home a unha das colonias británicas de África, concretamente en Kenya, para dirixir unha plantación de café. Este matrimonio de conveniencia pronto se ven abaixo, debido ao carácter do seu marido e á falta de amor. O seu soño vese truncado polas dificultades económicas da plantación, aínda que se sente a gusto co lugar e as súas xentes. Coñece alí a un cazador profesional, Denys Finch Hatton, aventureiro e liberal, que lle fai recobrar a alegría de vivir. Pero a súa visión respectiva do amor difire, debido a que el non concibe a vida sen a súa independencia e ela precisa dun compañeiro fiel.

Un incendio destrúe a colleita de café e Karen arruínase, tendo que volver a Europa, e aínda que naquel momento xa estaban separados, Denys ofrécese a axudala. O último día de Karen en Kenya, Denys ten un accidente na súa avioneta e falece, enterrándose logo nas montañas de Ngong.

Personaxes

Voz da dobraxe galega de Luís Iglesia.
  • Klaus Maria Brandauer como Barón Hans Blixen
  • Michael Kitchen como Berkeley Cole
  • Malick Bowens como Farah
  • Joseph Thiaka como Kamante
  • Stephen Kinyanjui como Kinanjui
  • Michael Gough como Lord Delamere
  • Suzanna Hamilton como Felicity
  • Rachel Kempson como Lady Belfield
  • Graham Crowden como Lord Belfield
  • Leslie Phillips como Sir Joseph
  • Mike Bugara como Juma
  • Shane Rimmer como Belknap, encargado da granxa
  • Job Seda como Kanuthia

Galardóns e nomeamentos

Out of Africa é unha película multipremiada, destacando que foi a máxima gañadora dos Óscar 1985:

Máis información Categoría, Persoa ...
CategoríaPersoaResultado
Óscar ó mellor filmeSydney PollackGañador
Óscar ó mellor directorSydney PollackGañador
Óscar ó mellor guión adaptadoKurt LuedtkeGañador
Óscar á mellor banda sonoraJohn BarryGañador
Óscar á mellor fotografíaDavid WatkinGañador
Óscar á mellor dirección de arteStephen Grimes
Josie MacAvin
Gañador
Óscar á mellor edición de sonChris Jenkins
Gary Alexander
Larry Stensvold
Peter Handford
Gañador
Óscar á mellor actrizMeryl StreepNomeada
Óscar ó mellor actor secundarioKlaus Maria BrandauerNomeado
Óscar ó mellor deseño de vestiarioMilena CanoneroNomeado
Óscar á mellor montaxeFredric Steinkamp
William Steinkamp
Pembroke J. Herring
Sheldon Kahn
Nomeado
BAFTA ó mellor guión adaptadoKurt LuedtkeGañador
BAFTA á mellor fotografíaDavid WatkinGañador
BAFTA á mellor actrizMeryl StreepGañador
BAFTA ó mellor actor secundarioKlaus Maria BrandauerNomeado
BAFTA ó mellor vestiarioMilena CanoneroNomeado
BAFTA á mellor músicaJohn BarryNomeado
Globo de Ouro á mellor película - DramaSydney PollackGañador
Globo de Ouro ó mellor actor secundarioKlaus Maria BrandauerGañador
Globo de Ouro á mellor banda sonoraJohn BarryGañador
Globo de Oro á mellor actriz - DramaMeryl StreepNomeado
Globo de Oro ó mellor directorSydney PollackNomeado
Globo de Oro ó mellor guiónKurt LuedtkeNomeado
Premio da Sociedade británica de FotografíaDavid WatkinGañador
David de Donatello á mellor actriz estranxeiraMeryl StreepGañador
David de Donatello á mellor película estranxeiraSydney PollackGañador
Premios da crítica de Londres, Os Ánxeles, Nova York, Italia e AlemañaSydney PollackGañador
Pechar

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.