Luís Iglesia

actor galego From Wikipedia, the free encyclopedia

Luís Iglesia

Luís Iglesia Besteiro, nado en Riotorto o 2 de febreiro de 1962, é un actor galego de cine, televisión e teatro, ademais de actor de voz e director de dobraxe.[1]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Luís Iglesia
Thumb
Biografía
Nacemento2 de febreiro de 1962 (62 anos)
Riotorto, España
Actividade
Ocupaciónactor, actor de cinema, actor de dobraxe

Allocine: 451111
Pechar

Traxectoria

Inicios

Thumb
Luís Iglesia en Sede de mal.

Comezou na televisión co-presentando en 1987 o programa infantil da TVG, Rapaces, e en 1997 Cousa, Cousiña.[2] Traballou no teatro con varias compañías, especialmente con Teatro do Aquí en obras como Rastros[3], en curtametraxes como Contar, de Teo Manuel Abad, e no mundo da dobraxe, como actor e director, converténdose na voz habitual de Harrison Ford, Robert De Niro, Mel Gibson, Paul Newman, Chuck Norris ou Garfield, entre outros.[4] En 1999 apareceu nun episodio da coñecida serie Mareas Vivas.

Anos 2000

En 2001 comezou a interpretar a Antón en Terra de Miranda, papel que realizou durante as primeiras tres temporadas da serie. Durante eses anos apareceu como secundario en varios filmes como Entre bateas (2002), O agasallo de Silvia (2003), A promesa (2004), Heroína (2005) ou Pataghorobí (2005), en series como Pepe Carvalho (2003), As leis de Celavella (2004), Libro de familia (2005) ou Hospital Central (2008) e en curtametraxes como Palíndromo (2008).

Anos 2010

Dende 2009 e ata 2013 interpretou o narcotraficante Carmelo Matalobos, na serie da Televisión de Galicia, Matalobos,[5] sendo este o seu primeiro papel como protagonista. A serie foi un éxito de audiencia e converteuse nun fenómenos social en Galicia, loada por crítica e público,[6] e o papel de Luis Iglesia como o xefe do clan valeulle catro nomeamentos consecutivos como candidato ao Premio Mestre Mateo ao mellor actor.

Paralelamente a Matalobos participou en varias series e miniseries fóra de Galicia: No soy como tú (2010), producida por Antena 3, e Piratas (2011), Ángel o demonio (2011) e La fuga (2012), de Telecinco. Tamén no 2012 actuou no filme galego Vilamor, dirixido por Ignacio Vilar e no que interpretou a personaxe de Breixo de adulto. En 2013 participou no filme Somos xente honrada de Alejandro Marzoa e na miniserie histórica galego-catalá Salgadura.[7] Así mesmo, protagonizou a obra de teatro Gaivotas subterráneas, coa que gañou o Premio Fetega ao mellor actor de teatro[8] e deu voz ó Dicionario de pronuncia da lingua galega do Instituto da Lingua Galega.[9]

En 2014, meteuse no papel de Emilio en Libro de familia, personaxe que interpretou ata o final da serie en 2018.[10] Tamén no 2014 interpretou o organista da Catedral de Santiago na miniseria Códice[11] e puxo voz a Hachibaldo no filme animado de Ernesto Padrón, Maimiño e o espello máxico.[12] En 2015 apareceu no filme A praia dos afogados, de Gerardo Herrero e ao ano seguinte tivo un pequeno papel en Julieta, de Pedro Almodóvar,[13] así como na curtametraxe Vida, de Manuel Garrido e Rubén Riós.

En 2017 apareceu en varios episodios da serie de TVE El ministerio del tiempo, e en 2018 en Vivir sin permiso, serie de Telecinco inspirada nun relato de Manuel Rivas. Tamén ese ano traballou en Las Brujas de E'lente, de Simón Vázquez, o primeiro filme de cine fantástico rodado na provincia de Ourense.[14] En 2019 actuou como Augusto Mendoza en Lobos e cordeiros, fixo de narrador para a Real Filharmonía de Galicia, recitando a Oscar Wilde,[15] e dende setembro interpretou o excomisario Emilio Fortes nos primeiros episodios da serie A estiba, da TVG.

Filmografía

Filmes

Series de TV

Curtametraxes

  • Contar (1994).
  • Xinetes na tormenta (2001). Como Bou.
  • Ruleta (2002). Como Beltrán.
  • Nai que non fuches (2003). Como home.
  • A teoría do espello (2004). Como Lucio.
  • Premio (2006). Como profesor.
  • O máis rico do cemiterio (2007). Como Gustavo.
  • Palíndromo (2008). Como profesor.
  • Dies dei (2008). Como médico.
  • Maldita mañana (2008). Como Deus.
  • Crónica das soidades urbanas (2008). Como home.
  • Mr. Smith & Mrs. Wesson (2012). Como Y. Kalashnikov.
  • Pecados (2012). Como detective.
  • Flores para Amalia (2013).
  • Lurna (2015). Como Ruso.
  • Vida (2016).

Galardóns e nomeamentos

Premios Mestre Mateo

Máis información Ano, Categoría ...
AnoCategoríaFilmeResultado
2009Mellor actorMatalobosNomeado
2010Mellor actorMatalobosNomeado
2011Mellor actorMatalobosNomeado
2012Mellor actorMatalobosNomeado
Pechar

Premios Fetega

Máis información Ano, Categoría ...
AnoCategoríaObraResultado
2013Mellor actor de teatroGaivotas subterráneasGañador[8]
Pechar

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.