From Wikipedia, the free encyclopedia
Para a filmografía acceda a Memorias dunha gueixa
Memorias dunha gueixa | |
---|---|
Título orixinal | Memoirs of a Geisha |
Autor/a | Arthur Golden |
Orixe | Estados Unidos |
Lingua | Inglés |
Xénero(s) | Novela histórica |
Editorial | Alfred A. Knopf |
Data de pub. | 27 de setembro de 1997 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Memorias dunha gueixa de Arthur Golden permítenos entrar ao hermético e misterioso mundo das gueixas de Kyoto, onde a sensualidade e a beleza se dan a man coa degradación e o sometemento. Pouco antes da súa morte, Sayuri relata a un amigo a súa fascinante vida: como, dende unha mísera infancia, chegou a ser unha das gueixas máis famosas do Xapón de entreguerras, un país no que aínda resoaban os ecos labregos e onde as tradicións ancestrais comezaban a convivir co mundo moderno.
Chiyo, xunto á súa irmá máis vella Satsu, viven nunha aldea á beira do mar do Xapón, Yoroido. Son conducidas a Gion por un home chamado señor Bekku. As dúas ían ir cara a unha okiya (casa para as gueixas), pero a Satsu non a aceptan pola súa avanzada idade e, en consecuencia, é vendida a un prostíbulo, mentres que Chiyo se queda na casa de gueixas da señora Nitta.
Alí Chiyo coñece a Cabaza, unha rapaza que leva uns meses máis ca ela na okiya, e entaboan unha amizade. Despois de varios anos, e pola culpa da arrogante Hatsumomo (a única gueixa da casa), mais un intento de fuga en busca da súa irmá, Chiyo non ten permitido ser gueixa como Cabaza e deberá servir como a criada da okiya ata saldar a súa débeda coa señora Nitta.
Mais a sorte de Chiyo cambia despois do seu breve encontro nunha ponte co Presidente Iwamura Ken. Chiyo consegue chamar a atención da gueixa con máis éxito de todo Gion, Mameha, a cal Hatsumomo despreza porque a supera en tódolos aspectos e porque Mameha xa conseguiu a súa independencia como gueixa, mentres que Hatsumomo aínda non.
Cabaza convértese na irmá máis nova de Hatsumomo e, nese mesmo intre, a gran Mameha irrompe na okiya coas intencións de adoptar a Chiyo coma aprendiz (irmá máis nova) e a preparaa para competir contra Hatsumomo e Cabaza. Mameha ofrécese a cubrir tódolos seus gastos para así liquidar a súa conta coa señora Nitta. No caso de que Chiyo non consiga unha certa cantidade de diñeiro despois do seu debut como gueixa, todo o que obteña no camiño será para a dona da okiya, pero se o consegue a señora Nitta non poderá participar nas súas ganancias de alí en adiante. A señora Nitta acepta a proposta, xa que se lle asemella imposible de lograr.
Chiyo pensa que Mameha só quere usala para vingarse de Hatsumomo por unha broma violenta de tempo atrás, pero, ao final, descobre que o fixo pola recomendación do mesmo Presidente do que ela leva namorada dende os nove anos.Cando Chiyo comeza a súa aprendizaxe xunto a Mameha, recibe un novo nome: Sayuri. O seu nome de gueixa.
Unha vez que vende a súa virxindade, Sayuri non era só unha gueixa con éxito, senón que conseguiu pagar todas as débedas que tiña coa señora Nitta, así que é adoptada por esta como a nova gueixa da casa. Hatsumomo monta en cólera e incendia a okiya, polo que é expulsada e desaparece entre as rúas. Ninguén a volveu ver.O inicio da segunda guerra mundial supón un novo reto. Para Sayuri, os seus logros vólvense irrelevantes e a súa beleza física queda afectada debido ao traballo manual e á carencia de alimentos. A súa vida de luxos cambia e é substituída por duras condicións de traballo físico.
Durante o seu período como gueixa antes da guerra, volveu atoparse co Presidente, pero non logra acercarse a el tanto como quere. En cambio, as circunstancias empúxana a unirse a Nobu, o mellor amigo do Presidente. É Nobu quen salva a Sayuri da dureza da guerra enviándoa ás montañas a facer kimonos, ata que Gion poida recuperar o seu antigo esplendor, baixo a condición de que lle permita despois ser a súa dama; e ela acepta a pesar de que o home que ela desexa é o Presidente.
Non é ata que se encontra nunha situación indesexábel que o anhelo de Sayuri de estar xunto ao señor Presidente toma rendas dos seus actos. O Presidente sácaa da okiya para ser o seu danna (seu protector), xa que unha gueixa sempre será unha media esposa. Debido aos continuas viaxes de negocios deste, ela establece unha casa de té para empresarios xaponeses en Nova York.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.