From Wikipedia, the free encyclopedia
Melt-Banana é unha banda xaponesa de noise rock procedente de Toquio e formada no ano 1992. É coñecida por tocar un noise extremadamente rápido mesturado con electrónica experimental e estruturas de temas baseadas no pop. O grupo taballou con artistas tan variados como Merzbow, John Zorn, Mike Patton ou Discordance Axis. Levan editados nove álbum e teñen saído de xira por todo o mundo.
Melt-Banana | |
---|---|
Orixe | Toquio, Xapón |
Período | 1992 - actualidade |
Xénero(s) | noise rock, punk rock, rock experimental |
Selo(s) discográfico(s) | A-Zap, Gold Standard Labs |
Membros | Yasuko Onuki Ichirou Agata Rika Hamamoto |
Antigos membros | Toshiaki Sudoh Oshima Watchma |
Na rede | |
web oficial | |
En 1991, mentres asistía á Tōkyō Gaikokugo Daigaku (Universidade de Tokyo para Estudos Estranxeiros), Yasuko Onuki fundou unha banda chamada Mizu e, despois de pouco tempo ensaiando con outro guitarrista, recrutou a Ichirou Agata para tocar a guitarra no grupo. O batería e o baixista orixinais de Mizu deixárono seis meses despois de que chegase Agata, ocupándose Yasuko do baixo e as voces ata que atopou a Rika Hamamoto. Ao pouco tempo comezaron a realizar concertos por Toquio sen batería. Toshiaki Sudoh uniríase á banda para tocar a batería en novembro de 1992 e entón decidiron cambiar o nome para o de Melt-Banana.
En maio de 1993 Melt-Banana fixo un concerto como abreconcertos de KK Null, que quedou impresionado e ofreceulles de inmediato un contrato co seu selo. Posteriormente os presentaría a Mark Fischer de Skin Graft Records e a Steve Albini.
Melt-Banana leva editados dez álbums e 23 EPs (principalmente compartidos con outras bandas, e recompilados a meirande parte deles nun disco en 2005). En 1997 fundaron a súa propia discográfica, A-Zap (antigamente Iguana Coax), e reeditaron case todos os seus primeiros traballos. Nese tempo o batería Toshiaki Sudoh deixou o grupo. Recentemente a banda tivo varios baterías apoiando as xiras e gravando álbums.
Melt-Banana fixo grandes xiras a través dos Estados Unidos e p Reino Unido e pequenas xiras polo Xapón (a razón disto, segundo a banda, é que viaxar polo Xapón é demasiado caro). En 2007 Melt-Banana gravou a canción "Hair-Cat (Cause the Wolf Is a Cat!)" para a serie de Cartoon Network Perfect Hair Forever. O seu último traballo de estudio, Bambi's Dilemma, foi lanzado o 24 de abril de 2007, e un disco ao vivo titulado MELT-BANANA Lite LIVE:ver.0.0 apareceu o 3 de novembro do 2009.
Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Speak Squeak Creak | 1994 | Nux Organization |
Scratch or Stitch | 1995 | Chocolate Monk |
Charlie | 1998 | A-Zap Records |
Teeny Shiny | 2000 | A-Zap Records |
Cell-Scape | 2003 | A-Zap Records |
Bambi's Dilemma | 2007 | A-Zap Records |
Fetch | 2013 | A-Zap Records |
3+5 | 2024 | A-Zap Records |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.