Brassicogethes aeneus

From Wikipedia, the free encyclopedia

Brassicogethes aeneus

Brassicogethes aeneus é unha especie de escaravellos da familia Nitidulidae.[1][2] Anteriormente era coñecido co nome de Meligethes aeneus.[3]

Máis información Clasificación científica ...
Brassicogethes aeneus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Suborde: Polyphaga
Infraorde: Cucujiformia
Superfamilia: Cucujoidea
Familia: Nitidulidae
Xénero: Brassicogethes
Especie: Brassicogethes aeneus
(Fabricius, 1775)
Pechar

Encóntrase en Europa e norte de Asia (excluíndo China) e América do Norte.[2]

Unha subespecie de Brassicogethes aeneus é B. aeneus dauricus.

Os adultos son de 2–3 mm de longo, 1–2 mm de ancho e cor negra con tons verdes metálicos. As larvas miden ata 3 mm de longo e son brancas con placas marróns esclerotizadas.

Brassicogethes aeneus é unha importante praga da colza.[4] Non se sabe se contribúen á polinización da colleita.

As femias poñen os ovos nos casulos das flores da planta hóspede e as larvas desenvólvense dentro das flores. A oviposición e os danos que sofre o casulo da flor da colza (e igual con Brassica) pola alimentación do animal poden causar que as flores caian. Tanto adultos coma as larvas aliméntanse do pole e néctar das flores.[5]

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.