Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un meiriño mor ou meiriño maior era un cargo da administración rexia medieval con competencias administrativas, económicas, políticas e militares.
Era un cargo de designación real e cabeza nunha zona da administración, exercida a través doutros cargos como os meiriños menores. O meiriño mor era tradicionalmente un posto de confianza que o monarca confiaba a unha persoa nobre era un cargo moi cobizado.
Na Galiza a organización administrativa é relativamente temperá e estabelecese antes que no resto do reino de Castela, constituíndo desde o inicio unha entidade administrativa separada. O sistema evolucionou ao longo do século XII, substituíndose os anteriores comissa e mandacións por tenzas e os antigos comités (condes) por tenentes [1] A primeira persoa á que se lle pode atribuír o carácter de gobernador xeral da Galiza é Raimundo de Borgoña, aínda que pola súa posición e a súa relación co monarca non se corresponde coa figura que estamos a tratar, pero xa en 1245 aparece claramente un funcionario que exerce o cargo.[2]
As tenzas principais na época eran:
Estas divisións non eran permanentes e dependían de quen ocupase o cargo, podéndose agrupar de maneira diversa baixo un mesmo meiriño.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.