Matthew Rhys

From Wikipedia, the free encyclopedia

Matthew Rhys

Matthew Rhys Evans , nado o 8 de novembro de 1974 en Cardiff, é un actor galés coñecido por interpretar a Kevin Walker na serie de televisión estadounidense Brothers & Sisters, e Dylan Thomas en The Edge of Love.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Matthew Rhys
Thumb
(2011)
Biografía
Nacemento(en) Matthew Rhys Evans
8 de novembro de 1974 (50 anos)
Cardiff, Reino Unido
EducaciónRoyal Academy of Dramatic Art - Actuación (–1996)
Ysgol Gyfun Gymraeg Glantaf
Actividade
Ocupaciónactor de teatro, actor de televisión, actor de cinema, actor
Período de actividade1997 -
Familia
CónxuxeKeri Russell
ParellaKeri Russell (2013–)
Premios

Allocine: 34984 TCM: 540723 TV.com: people/matthew-rhys
Pechar

Traxectoria

Fillo de Glyn Evans, un director de colexio, e Helen Evans, unha mestra de educación especial. Medrou en Cardiff, xunto coa súa irmá máis vella Rachel Evans, que é agora unha xornalista da BBC. Rhys foi educado en galés no Ysgol Gynradd Gymraeg Melin Gruffydd, e no Ysgol Gyfun Gymraeg Glantaf. Con dezasete anos, logo de interpretar a Elvis Presley nun musical do colexio, foi aceptado na Royal Academy of Dramatic Art en Londres.

O 8 de agosto de 2008 foi nomeado polo Welsh National Eisteddfod como membro da orde druídica do Gorsedd of the Bards pola súa contribución á lingua galesa e a Gales. O seu nome bardo no Gorsedd é Matthew Tâf.

Rhys ten moi boa amizade co tamén actor Ioan Gruffudd.

Filmografía

Máis información Ano, Título ...
Ano Título Personaxe Notas
2010 Patagonia
2008 The Edge of Love Dylan Thomas
2007 Virgin Territory Conde Dzerzhinsky
2006 Love and Other Disasters Peter Simon
2006–2011 Brothers & Sisters Kevin Walker (serie de televisión) 109 episodios
2004 Fakers Nick Edwards
2003 Columbo Likes the Nightlife Justin Price
2003 Y Mabinogi Lleu Llaw Gyffes (voz)
2002 Deathwatch Cpl. Doc Fairweather
2002 The Abduction Club James Strang
2002 Shooters Eddie
2001 The Lost World Edward Malone
2001 Very Annie Mary Nob
2000 A History of Britain Serie de televisión (voz)
1999 Titus Demetrius
1999 Whatever Happened to Harold Smith? Ray Smith
1998 Elizabeth
Pechar

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.