serie de televisión galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Matalobos é unha serie de suspense, acción e drama galega, emitida na TVG entre o 13 de abril de 2009 e o 15 de xaneiro de 2013, producida por Voz Audiovisual, que xira ao redor de varias familias relacionadas co narcotráfico, cuxa acción se desenvolve na vila ficticia de Sardiñeira. Os exteriores foron gravados na cidade da Coruña e arredores, como a parroquia de Sigrás (Cambre) ou o centro penitenciario de Teixeiro.
Formato | Suspense, acción e drama |
---|---|
Dirixido por | Toño López e Jorge Saavedra Mancebo |
Intérpretes | Luís Iglesia (Carmelo) Carolina Vázquez (Bárbara) María Mera (Vanesa) Mónica Camaño (Olaia) |
País de orixe | Galicia |
Temporadas | 5 |
Episodios | 87 |
Duración | Aproximadamente 50 minutos por episodio |
Canle de orixe | TVG |
Primeiro episodio | 13 de abril de 2009 |
Derradeiro episodio | 15 de xaneiro de 2013 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Os capítulos están dirixidos por Toño López e Jorge Saavedra Mancebo, con guións de Carlos Portela, Víctor Sierra, Jose Rubio, Alberto Guntín, Diego Ameixeiras, Denís López, Daniel D. García, Benigno López Moure, Roberto G. Méndez, Alba Varela e Cheché Carmona e con Luís Iglesia e Antonio Mourelos entre os protagonistas.
Nun inicio emitiuse nas noites dos luns (en substitución de Padre Casares), e dos martes.
A primeira tempada, de 22 episodios, emitiuse entre xaneiro e xuño de 2009, logrando situarse no terceiro posto da Clasificación dos programas galegos máis vistos, por detrás de Padre Casares e Libro de familia, posto que repetiu coa 2ª tempada (2009-10), de 26 capítulos, e que se emitiu entre xaneiro e xuño de 2010, aparecendo os martes pola noite.
A media total dos 87 capítulos é de 185.000 espectadores e un 17,4% de share. Desagregado por tempada:
Ano | Categoría | Persoa/s | Resultado |
---|---|---|---|
2012 | Mellor ficción de televisión en Europa | Gañadora[1] | |
Ano | Categoría | Persoa/s | Resultado |
---|---|---|---|
2009 | Mellor programa emitido por emisoras ou cadeas non nacionais | Candidato | |
Ano | Categoría | Persoa/s | Resultado |
---|---|---|---|
2009 | Mellor serie de televisión | Gañadora | |
Mellor interpretación masculina protagonista | Luís Iglesia | Nomeado | |
Mellor interpretación feminina protagonista | Luísa Merelas | Nomeada | |
Mellor interpretación masculina secundaria | Xabier Deive | Nomeado | |
Mellor interpretación feminina secundaria | Camila Bossa | Gañadora | |
Mellor guión | Carlos Portela Víctor Sierra Alberto Guntín José Rubio | Nomeados | |
Mellor realización | Toño López Jorge Saavedra Mancebo | Gañadores | |
Mellor dirección artística | Antonio Pereira | Nomeado | |
Mellor deseño de vestiario | Saturna | Nomeada | |
Mellor maquillaxe e peiteado | Natalia Arcay Beatriz Vázquez | Nomeadas | |
2010 | Mellor serie de televisión | Gañadora | |
Mellor interpretación masculina protagonista | Luís Iglesia | Nomeado | |
Mellor interpretación feminina protagonista | Luísa Merelas | Nomeada | |
Carolina Vázquez | Nomeada | ||
Mellor guión | Carlos Portela Víctor Sierra Alberto Guntín José Rubio | Nomeados | |
Mellor realización | Jorge Saavedra Mancebo Iván Seoane | Gañadores | |
Mellor dirección de produción | Ana Míguez | Nomeada | |
2011 | Mellor serie de televisión | Gañadora | |
Mellor interpretación masculina protagonista | Luís Iglesia | Nomeado | |
Mellor interpretación feminina protagonista | Luísa Merelas | Nomeada | |
Mellor interpretación masculina secundaria | Ricardo de Barreiro | Nomeado | |
Xabier Deive | Nomeado | ||
Antonio Mourelos | Gañador | ||
Mellor interpretación feminina secundaria | Camila Bossa | Gañadora | |
Mellor guión | Alberto Guntín Daniel D. García Benigno López | Nomeados | |
Mellor montaxe | Marisol Torreiro Pablo Paz Pablo Muñoz | Nomeados | |
Mellor realización | Marta Piñeiro Judas Diz | Gañadores | |
Mellor dirección de produción | Paula Fernández | Nomeada | |
Mellor dirección de fotografía | X. Manuel Neira PX.M. Caamaño | Nomeada | |
Mellor deseño de vestiario | Saturna | Nomeada | |
Mellor maquillaxe e peiteado | Cristina Couto Óscar Aramburu | Nomeados | |
Mellor son | Alfonso Couceiro Santi Jul Iván Laxe | Nomeados | |
2012 | Mellor serie de televisión | Nomeado | |
Mellor interpretación masculina protagonista | Luís Iglesia | Nomeado | |
Mellor interpretación feminina protagonista | Isabel Naveira | Nomeada | |
Mellor guión | Alberto Guntín Daniel D. García Benigno López Cheché Carmona Roberto G. Méndez Alba Varela | Gañadores | |
Mellor dirección de arte | Antonio Pereira Ángel Amaro | Nomeados | |
Mellor dirección de fotografía | X. Manuel Neira | Nomeada | |
Mellor deseño de vestiario | Saturna | Nomeada | |
Mellor son | Alfonso Couceiro Santi Jul Iván Laxe | Nomeados | |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.