From Wikipedia, the free encyclopedia
María de Navarra, ou María de Évreux, nada en Francia contra o ano 1330,[1][2][3][4][5] e finada en Valencia, Reino de Valencia, o 29 de abril de 1347, foi infanta do Reino de Navarra e raíña consorte da Coroa de Aragón desde 1338 até a súa morte.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1330 Francia |
Morte | 16 de abril de 1347 (16/17 anos) Valencia, España |
Causa da morte | trastorno puerperal |
Lugar de sepultura | Mosteiro de Poblet Valencia Sepulcre de Maria de Navarra (en) |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Outro | |
Título | Raíña consorte de Aragón (1338–1347) |
Familia | Casa de Évreux |
Cónxuxe | Pedro IV de Aragón (1342 (Gregoriano)–) |
Fillos | Constanza de Aragón e Navarra, Xoana de Aragón e Navarra |
Pais | Filipe III de Navarra e Xoana II de Navarra |
Irmáns | Branca de Évreux Agnés de Navarra Jeanne de Navarre Lois de Navarra Carlos II de Navarra Philip, Count of Longueville Jeanne de Navarre |
Era a filla primoxénita da raíña Xoana II de Navarra, e do seu marido Filipe III de Évreux, reis de Navarra. Por liña paterna era neta do rei Lois X de Francia e de Margarida de Borgoña, e por liña materna do conde Lois de Évreux e de Margarida de Artois. Era irmá do rei Carlos II de Navarra,[6][7] conde de Évreux, de Angulema e de Mortain, e da raíña consorte de Francia, Branca, esposa do rei Filipe VI.
Nacera en Francia, onde se educou nun ambiente cultural superior ao que existía na Navarra onde reinaban seus pais.[8]
Co fin de conseguir unha alianza entre o reino de Navarra e a Coroa de Aragón ante es tensións que había daquela co reino de Castela, os pais de María pactaran o casamente da súa irmá Xoana de Évreux con Pedro o Cerimonioso, naquel momento aínda infante; pero Xoana fíxose monxa e entrou na abadía de Longchamps (Illa de Francia). Iso fixo cambiar os plans, e os reis de Navarra comprometeron a María con Pedro de Aragón o 6 de xaneiro de 1336, mediante unhas capitulacións asinadas no castelo de Anet,[9] [2] onde se estipulaba un dote de 60 000 libras de Sanchete a pagar polos navarros ao futuro rei Pedro, e fixábase a residencia de María en Tudela até que cumprira os doce anos; unha cláusula do pacto matrimonial prescribía que si Filipe e Xoana morreran sen fillos varóns, o trono de Navarra sería adxudicado a María.
A viaxe da infanta até Tudela, acompañada do seu séquito, pasou por Roncesvalles, Pamplona e Olite, chegando a Tudela o 23 de maio de 1338.[10]
Pedro dispuxera unha serie de agasallos de voda, entre os cales había unha coroa, seis aneis con esmeraldas, rubís e diamantes e un Libro de Horas, obra de Ferrer Bassa. Ademais, deulle as cidades de Tarazona, Jaca e Teruel coas súas rendas, así como 150 000 soldos barceloneses anuais. Estaba, porén, molesto polo pagamento do dote que non chegaba, e que tería que acabar de pagar a raíña Xoana cando o rei Filipe morreu en 1343.[11]
Estaba previsto que casaran en Zaragoza, pero María encontrouse doente cando pasaba por Alagón durante o seu viaxe, e tivo que parar alí. Pedro, fillo segundoxénito do rei de Aragón, de Valencia e de Sardeña, conde de Barcelona, de Urgell, de Empúries e dos outros condados cataláns, Afonso IV de Aragón e da súa primeira muller, a condesa de Urgel, Teresa de Entenza (ca. 1300 - Zaragoza 1327), filla de Gombaldo, barón de Entenza e señor de Alcolea, e de Costanza de Antillón.[12] era a herdeira do condado de Urgell.[13][14] que xa aceptara varios atrasos na data da voda, fixo vir o bispo de Châlons que, o 23 de xullo de 1338, celebrou a cerimonia en Alagón, converténdose María na primeira muller das catro que chegaría a ter Pedro.[2] [11]
Por un documento datado o 23 de xullo de 1338, confirmouse que Pedro (Pedro... Rey de Aragón de Valencia de Cerdennya de Corcegua e comte de Barçalona) casou con María (dona Maria filla del... princep e sennyor don Phelip... rey de Navarra conte de Euroux de Engolesme de Morentayn e de Longauilla et de la... sennyora dona Johannya... Reyna del dicto Reyno).[2]
A vida de María estivo marcada polo seu delicado estado de saúde e as constantes viaxes que estaba obrigada a facer. Ademais, desde que se consumou o matrimonio, e tal como estaba pactado, tivo os seus fillos de forma continuada até a súa morte, precisamente ocorrida a consecuencia do parto do seu último fillo.
Por outra parte, polo inventario das propiedades que tiña á súa morte, sábese que adquirira varias xoias para ela e as súas fillas na casa de Berneç, considerado o mellor ourive da época en Valencia.[11]
María morrreu en Valencia o 29 de abril de 1347, algúns despois de dar a luz ao herdeiro ao trono de Aragón, Pedro, que morreu o día do seu nacemento (11 de abril).
Foi sepultada en Valencia, na igrexa de San Vicente de la Roqueta. Os seus restos foron trasladados un tempo despois ao Mosteiro de Santa María de Poblet, en Cataluña.[15]
O seu marido, Pedro IV, en xuño dese mesmo ano, casou en segundas nupcias en Santarém con Leonor de Portugal.
María tivo co seu marido catro fillos:[13][14][16][15]
María fixo testamento o 9 de abril de 1347, pouco antes de morrer, no que manifestaba que quería ser enterrada o mosteiro de Poblet, un desexo que se cumpriu cando o rei Pedro decidiu, á morte da súa segunda esposa Leonor de Portugal, converteu Poblet no panteón dinástico.
Deixou os seus dereitos e posesións de Navarra ao seu fillo (falecido) e, en segundo lugar, ás súas fillas. A coroa de ouro e pedras peciosas que lle dera o rei, legouna ao futuro rei de Aragón.[18]
Na Biblioteca Marciana de Venecia consérvase o Llibre d'hores de la reina Maria de Navarra (Libro de horas da raíña María de Navarra), obra de Ferrer Bassa.[19]
16. Lois IX de Francia | ||||||||||||||||
8. Filipe III de Francia | ||||||||||||||||
17. Margarida da Provenza | ||||||||||||||||
4. Lois de Évreux | ||||||||||||||||
18. Henrique III, duque de Brabante | ||||||||||||||||
9. María de Brabante | ||||||||||||||||
19. Alicia de Borgoña | ||||||||||||||||
2. Filipe III de Navarra | ||||||||||||||||
20. Roberto II de Artois | ||||||||||||||||
10. Filipe de Artois | ||||||||||||||||
21. Amicie de Courtenay | ||||||||||||||||
5. Margarida de Artois | ||||||||||||||||
22. Xoán II, duque da Bretaña | ||||||||||||||||
11. Branca da Bretaña | ||||||||||||||||
23. Beatriz de Inglaterra | ||||||||||||||||
1. María de Navarra | ||||||||||||||||
24. Filipe III de Francia =8 | ||||||||||||||||
12. Filipe IV de Francia | ||||||||||||||||
25. Isabel de Aragón | ||||||||||||||||
6. Lois X de Francia | ||||||||||||||||
26. Henrique I de Navarra | ||||||||||||||||
13. Xoán I de Navarra | ||||||||||||||||
27. Branca de Artois | ||||||||||||||||
3. Xoán II de Navarra | ||||||||||||||||
28. Hugo IV, duque de Borgoña | ||||||||||||||||
14. Roberto II, duque de Borgoña | ||||||||||||||||
29. Iolanda de Dreux | ||||||||||||||||
7. Margarida de Borgoña | ||||||||||||||||
30. Lois IX de Francia =16 | ||||||||||||||||
15. Inés de Francia | ||||||||||||||||
31. Margarida da Provenza =17 | ||||||||||||||||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.