Remove ads

Martín Echegaray Olañeta, nado en Freixeiro (Vigo) o 28 de outubro de 1866 e finado en Baños de Molgas o 18 de xullo de 1931, foi un empresario, político e filántropo galego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Modelo:BiografíaMartín Echegaray
Thumb
Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de outubro de 1866 Editar o valor en Wikidata
Freixeiro, España Editar o valor en Wikidata
Morte18 de xullo de 1931 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Baños de Molgas, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBuenos Aires
Cemiterio de Pereiró Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario, político, filántropo Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
CónxuxeInocencia García Iglesias Editar o valor en Wikidata
Fillossete Editar o valor en Wikidata
Pechar

Traxectoria

Emigrou a Buenos Aires con trece anos. Foi dependente de comercio e co tempo converteuse nun próspero comerciante. Amasou unha gran fortuna con negocios de navegación e comercio transoceánico. En 1906 puxo en marcha un proxecto de navegación rápida de grandes transatlánticos entre Europa e o Río da Prata. Formou parte da colectividade galega de Buenos Aires vinculado ás iniciativas para a creación dunha entidade que agrupara á emigración galega como o frustrado Centro Galego a a Unión Galega. Foi tamén colaborador da Sociedade Hispanoamericana Val Miñor. Tamén formou parte dos círculos republicanos e da masonería liberal da capital arxentina e foi membro correspondente da Real Academia Galega.[1][2]

Thumb
Anuario de ferrocarriles españoles. 1915, p. 275.

De regreso a España o 13 de maio de 1906, instalouse primeiro en Xixón e despois en Vigo en 1910. Creou con outros socios a Compañía de Tranvías Eléctricos de Vigo, da que foi o primeiro presidente. Mercou a illa de Toralla a Enrique Lameiro e instalou nela unha residencia de verán denominada Vila Gioja. Foi concelleiro en Vigo en 1922. Foi presidente do Centro Republicano Vigués e membro da loxa masónica Vicus nº 8. Morreu cando tomaba as augas en Baños de Molgas e foi soterrado no cemiterio de Pereiró. Máis tarde os seus restos foron trasladados a Buenos Aires, onde descansan nun panteón familiar.

Remove ads

Vida persoal

Casou con Inocencia García Iglesias. O seu fillo Segundo Echegaray García foi asasinado polos falanxistas en setembro de 1936. Outros fillos: Juan, Eduarda, Luis, Isabel e Inocencia, exiliáronse, coa nai, na Arxentina e outro fillo, Martín Echegaray García, pintor, permaneceu en Francia.[3]

Recoñecementos

Foi nomeado fillo predilecto de Vigo o 14 de marzo de 1907.

Durante a República a estrada que comunicaba a estación de Coruxo con Canido levou o seu nome. Hoxe lévao unha rúa que conecta a Avenida da Florida coa Avenida de Castelao.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.

Remove ads