futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia
Mario Losada Laguna, nado en Madrid o 13 de maio de 1997, é un futbolista español que xoga como dianteiro no Alcoyano, da Primeira División RFEF.
Mario Losada | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Mario Losada Laguna | ||
Nacemento | 13 de maio de 1997 | ||
Lugar de nacemento | Madrid | ||
Altura | 1,75 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Alcoyano | ||
Carreira xuvenil | |||
Rayo Vallecano | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2016–2018 | Trival Valderas | 69 | (17) |
2018–2019 | Alcorcón B | 37 | (12) |
2019 | Alcorcón | 2 | (0) |
2019–2020 | Fabril | 24 | (11) |
2020–2021 | Las Rozas | 23 | (6) |
2021–2022 | Zamora | 34 | (2) |
2022–2024 | Unionistas | 65 | (11) |
2024– | Alcoyano | 0 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 21 de xullo de 2024. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Naceu en Madrid, sendo fillo dun galego da provincia de Lugo,[1][2] e formouse como futbolista na canteira do Rayo Vallecano. En agosto de 2016 fichou polo Trival Valderas de Terceira División, co que xogou durante os seguintes dous anos, marcando no segundo deles 14 goles.
En xullo de 2018 foi contratado polo Alcorcón para xogar no seu filial, tamén en Terceira.[3] O 1 de xuño de 2019 debutou co primeiro equipo na Segunda División, nun partido na casa ante o Gimnàstic de Tarragona, substituíndo na segunda parte a Borja Galán.[4] Na tempada 2019/20 instalouse na Coruña para xogar co Fabril en Terceira, anotando 13 goles co equipo galego nun total de 26 partidos.
Despois de pasar polo Las Rozas e polo Zamora, en 2022 fichou polo Unionistas de Salamanca.[5] Militou dous anos no club salmantino, co que disputou un total de 68 encontros, anotando 12 goles. En xullo de 2024 anunciouse a súa fichaxe polo Alcoyano, da mesma categoría.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.