Remove ads
actriz austríaca From Wikipedia, the free encyclopedia
Maria Margarethe Anna Schell, nada en Viena (Austria) o 15 de xaneiro de 1926 e finada en Preitenegg (Carintia) o 26 de abril de 2005, foi unha actriz austríaca-suíza, unha das máis destacadas do cinema de Alemaña das décadas de 1950 e 1960.
(1957) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (de) Maria Margarete Anna Schell 15 de xaneiro de 1926 Viena, Austria |
Morte | 26 de abril de 2005 (79 anos) Preitenegg, Austria (pt) |
Causa da morte | pneumonía |
Lugar de sepultura | Carintia |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de cinema, biógrafa, escritora, actriz de teatro |
Período de actividade | 1942 - 1996 |
Familia | |
Cónxuxe | Veit Relin (1966–1988) Horst Hächler |
Fillos | Marie Theres Kroetz-Relin () Veit Relin |
Pais | Hermann Ferdinand Schell e Margarethe Noé von Nordberg |
Irmáns | Immy Schell Carl Schell Maximilian Schell |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Dictionary of Women Worldwide KALLIOPE Austria (en) , (p.107-108) >>>:Maria Schell |
|
Schell naceu na capital austríaca, filla da actriz Margarethe (de solteira Noé von Nordberg; 1905–1995), que dirixía unha escola de interpretación, e Hermann Ferdinand Schell (1900–1972), poeta, novelista e dramaturgo suízo, dono dunha farmacia.[1][2] Os seus pais eran católicos.[2] Era a irmá máis vella do actor Maximilian Schell e dos menos coñecidos actores Carl Schell (1927-2019) e Immaculata "Immy" Schell (1935-1992).
Tralo Anschluss en 1938, a familia mudouse a Zürich. Maria Schell comezou a estudar comercio, mais deseguido entrou no cinema cando coñeceu o actor e director suízo Sigfrit Steiner.
Schell debutou co filme de Steiner de 1942 Steibruch, xunto ao célebre actor suízo Heinrich Gretler, e comezou a recibir clases de interpretación por varios compromisos teatrais. Trala segunda guerra mundial, obtivo o seu primeiro papel protagonista no filme de 1948 Der Engel mit der Posaune, dirixido por Karl Hartl. Protagonizou filmes como The Magic Box, Dr. Holl (1951), So Little Time (1952) ou The Heart of the Matter (1953). As súas interpretacións emotivas valéronlle o alcume de Seelchen ("pequana alma"), que cuñou o seu colega Oskar Werner.
O filme de 1956 Gervaise dirixido por René Clément foi candidato ao Óscar ao mellor filme en lingua estranxeira. Mentres estaba en Hollywood, Schell coñeceu a Yul Brynner, que logrou para ela o papel de Grushenka en The Brothers Karamazov (1958). Schell tamén protagonizou con Gary Cooper A árbore do aforcado (1959), e con Glenn Ford Cimarron (1960). Outros papeis importantes foron en Le notti bianche (1957), Rose Bernd (1957) e Superman (1978). Schell interpretou a nai Maria na secuela de Lilies of the Field titulada Christmas Lilies of the Field.
Os seus últmios anos foron ensombrecidos pola súa mala saúde. Intentou suicidarse en 1991 e sufriu varios infartos. A súa última aparición pública foi na estrea do filme documental do seu irmán Maximilian My Sister Maria (2002); ambos recibiron o premio Bambi polo seu traballo.
Schell viviu recluída nunha aldea remota de Preitenegg, en Carintia, nos Alpes austríacos ata a súa morte por pneumonía aos 79 anos. Tralo seu pasamento, o seu irmán publicou unha declaración que día en parte:
Cara ao final da súa vida, sufriu silenciosamente, e nunca a ouvín queixarse. Admíroa por iso. A súa morte puido ser a súa salvación. Mais non para min. Ela é insubstituíble
Schell casou dúas veces. Primeiro co director de cinema Horst Hächler, do que se divorciou en 1965, e despois co director Veit Relin, do que se divorciou en 1986. A súa filla do segundo matrimonio, a actriz Marie Theres Relin (nada en 1966), casou co dramaturgo bávaro Franz Xaver Kroetz, co que tivo tres fillos. Fixo aparicións nos medio e en Internet como voceira en prol das amas de casa (If Pigs Could Fly. Die Hausfrauenrevolution, 2004).
Schell admitiu que tivo un apaixonado romance con Glenn Ford en 1960 durante a rodaxe do filme Cimarron. O fillo de Ford, Peter, confirmou a historia na súa biografía de 2011 Glenn Ford: A Life.[3] En 1981, Schell regalou a Ford un dachshund cachorro que el chamou Bismarck. O can converteuse no favorito del e unha axuda cando enfermou e se viu encamado. Trala morte do can, el incinerouno e pediu que enterrasen as cinzas con el cando morrese. Así se fixo cando Ford morreu en 2006.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.