Remove ads
mariño nun buque mercante From Wikipedia, the free encyclopedia
Un mariñeiro[1] é, no sentido máis amplo, aquela persoa que opera buques ou axuda na súa explotación, mantemento ou servizo. O termo aplícase aos profesionais das mariñas comerciais e pesqueiras, ao persoal militar das armadas e aos profesionais certificados e afeccionados á náutica de recreo.
Ademais do sentido amplo -no que se refire a todo, desde grumete até almirante-, nas mariñas, o termo "mariñeiro" designa, en sentido restrinxido, un ou varios rangos dentro da categoría de persoal de enrolado. Así mesmo, na mariña mercante, o termo "mariñeiro" fai referencia a unha ou varias categorías profesionais de persoal de cuberta, dentro do nivel da mariña.
Os termos pescador, pescadora ou pescantín están relacionados, segundo o DRAG, pero non son sinónimos totais de mariñeiro, xa que só se refire a un "mariñeiro que pesca con liña" ou a unha persoa que pesca por afección no mar ou no río.
En galego reintegracionista e en lingua portuguesa, o termo marinheiro ten o mesmo significado que na normativa oficial do galego.[2][3]
Os profesionais da mariña mercante teñen varios nomes: En galego normativo son chamados mariñeiros ou mariños.[4] En Portugal, denomínanse xenericamente marítimos. No Brasil, todos os profesionais da mercante son designados globalmente como aquaviários, que se dividen en varios grupos.
Existen varias especializacións e categorías dentro da profesión de mariñeiro. A súa certificación segue normas establecidas internacionalmente. Na mariña mercante, as distintas especializacións agrúpanse en varias carreiras, sendo as principais de cuberta, maquinaria, de cámaras, radiotécnica e de sanidade.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.