músico galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Marcos Aboal Vázquez, é un músico galego, coñecido artisticamente como Pulpiño Viascón[1] ou Bravúboy[2].
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX |
Actividade | |
Ocupación | músico |
Durante a súa carreira formou parte de grupos como Os verjalludos, Skupe Skapa, Irmáns bochechiñas, Os Diplomáticos de Monte Alto, Teck pileck (Frankfurt) ou O Jarbanzo Negro. Ademais, durante este tempo desenvolveu a súa faceta de pallaso en circos de Barcelona e Suíza, entre outros. Tamén colaborou co artista Manu Chao no seu álbum Sibérie m'était contéee e con Susana Seivane.
Compuxo o tema "In the Ocean", ao que pon voz e no que toca o serrón musical. O tema, que pecha o álbum de Bonovo, gañou a primeira edición do concurso A polo ghit en 2006.[3]
No 2012 publicou o seu primeiro álbum en solitario co nome The Very Best of Pulpiño Viascón, onde recopila algúns das cancións que interpreta nos seus espéctaculos na rúa. Do mesmo xeito, na súa canle de YouTube e en SoundCloud tamén publica cancións como Xa vén a Neve[4] ou o seu álbum chiptune Chiptune Bravúboy[2]. Durante a pandemia compuxo cancións de concienciación como Don Covid[5] ou Salvemos a Hostalaría.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.