político español From Wikipedia, the free encyclopedia
Marcelino Oreja Elósegui, nado en Ibarrangelu en 1891, e finado en Mondragón o 5 de outubro de 1934, foi un político tradicionalista e empresario español, pai de Marcelino Oreja Aguirre e avó de Jaime Mayor Oreja.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de abril de 1894 Ibarrangelu, España |
Morte | 5 de outubro de 1934 (40 anos) Mondragón, España |
Causa da morte | homicidio |
Deputado nas Cortes republicanas | |
30 de novembro de 1933 – 5 de novembro de 1934 Lexislatura: II lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Biscaia | |
Deputado nas Cortes republicanas | |
3 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933 Lexislatura: I lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Biscaia | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, enxeñeiro, empresario, enxeñeiro de camiños |
Partido político | Comunión Tradicionalista Partido Católico Tradicionalista |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Purificación Aguirre Isasi |
Fillos | Marcelino Oreja Aguirre |
Irmáns | Ricardo Oreja Benigno Oreja Elósegui |
Parentes | Jaime Mayor Oreja, neto Marcelino Oreja Arburúa, neto |
Enxeñeiro de camiños, foi xerente da Unión Cerrajera de Mondragón. Membro de Acción Católica e da Asociación Católica Nacional de Propagandistas, foi elixido deputado tradicionalista por Biscaia nas eleccións xerais de 1931, dentro da candidatura católica a prol do estatuto vasco que promovían carlistas, nacionalistas vascos e católicos independentes, integrándose na Minoría Vasco-Navarra.
Durante a Revolución de outubro de 1934, instigada en Guipúscoa por Ricardo Ceciaga foi acusado de non contratar a traballadores socialistas e sindicalistas, motivo polo que foi detido e conducido á Casa do Pobo de Mondragón, sendo asasinado xunto a Dagoberto Resusta.[1]
Anos máis tarde, Celestino Uriarte, dirixente da insurrección, que fora condenado á morte en 1946 polo crime, declarou que Orella nalgunha ocasión afirmara que na súa empresa non ía traballar ningún socialista e que antes de pisar a súa fábrica terían que comer herba.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.