actriz estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Mara Elizabeth Wilson, nada en Burbank (California), o 24 de xullo de 1987, é unha actriz estadounidense. É coñecida polos seus papeis nos filmes Mrs. Doubtfire (1993), Miracle on 34th Street (1994) e Matilda (1996).
(2023) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Mara Elizabeth Wilson 24 de xullo de 1987 (37 anos) Burbank, Estados Unidos de América (pt) |
Residencia | Burbank (pt) Queens |
Relixión | Ateísmo |
Educación | Escola de Artes Tisch da Universidade de Nova Iorque (pt) (–2009) Idyllwild Arts Academy (en) (–2005) Sherman E. Burroughs High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | actriz de teatro, actriz de cinema, escritora, actriz de televisión, actriz de dobraxe, blogueira, creadora de podcast, directora de cinema |
Período de actividade | 1993 - |
Empregador | Publicolor (en) |
Instrumento | Voz |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Irmáns | Daniel Ben Wilson |
Parentes | Ben Shapiro, curmán Abigail Shapiro, curmá entregue |
Premios | |
Páxina web | mara.substack.com |
|
Mara Wilson naceu en Burbank, no condado dos Ánxeles, o 24 de xullo de 1987. É a filla maior de Mike Wilson, un enxeñeiro de radiodifusión televisiva e Suzie Shapiro, unha ama de casa. Ten tres irmáns maiores, Danny, Jonathan e Joel e unha irmá menor, Anna. A nai de Mara foi diagnosticada con cancro de mama o 10 de marzo de 1995. Para ese intre os médicos diagnosticaran o cancro demasiado tarde. Suzie Wilson morreu o 26 de abril de 1996, namentres Mara estaba a filmar Matilda. A película foi adicada á memoria de Suzie e permitíuselle ver unha versión non editada da película iñantes de morrer. Mike, o pai de Mara, volveu casar.
A súa nai era xudía e o seu pai é de ascendencia irlandesa. Wilson foi criada na fe xudía, pero agora é atea. En 2005, graduouse da Idyllwild Arts Academy. Estudou na Universidade de Nova York.
Despois de ver ao seu irmán maior Danny actuando en comerciais, Wilson comezou a interesarse no cinema, comezando a actuar á idade de cinco anos. O seu debut no cinema foi en 1993 en Mrs. Doubtfire, seguido pola adaptación de 1994 Miracle on 34th Street. En 1994, Wilson tivo un papel recorrente como Petrova en Melrose Place e como Barbara Barton na película para televisión A Time to Heal.
Wilson cantou "Make 'Em Laugh" na 67.ª Cerimonia dos Premios Óscar, o 27 de marzo de 1995, con Tim Curry e Kathy Najimy.
En 1995, gañou o premio "ShoWest Award" como "Estrela Xove do Ano". As súas actuacións chamaron a atención de Danny DeVito, quen a elixiu como o personaxe principal da película Matilda.
Wilson gañou un "Young Artist Award" polo seu papel na Simple Wish na categoría de "Mellor actuación dunha actriz nova nunha película" e un "Young Star Award" por Matilda na categoría de "Mellor Actuación dunha actriz nova nunha película de comedia". Foi dúas veces nomeada nos Saturn Award por "Mellor actuación dun actor novo" por Matilda e A Simple Wish. En 1999, interpretou a Willow Johnson na película de televisión de Disney Channel Ballom Farm. Audicionou para un papel na adaptación The Parent Trap, pero considerouse que era demasiado nova para o papel, obténdoo Lindsay Lohan. A súa aparición na película de 2000 Thomas and the Magic Railroad foi o seu último papel cinematográfico importante até a data. Unha vez que se completou Thomas and the Magic Railroad, Wilson decidiu concentrarse na escola en lugar de actuar en películas. Nese momento da súa carreira os guións éranlle enviados para que ela non tivese que ir ás audicións.
En 2012, Wilson apareceu brevemente nun episodio de serie web Missed Connection, no papel de Bitty e fixo aparicións especiais en That Guy With The Glasses.
Wilson explicou por que renunciou a ser actriz, dicindo: "Actuar en películas non é moi divertido. Facendo a mesma cousa unha e outra vez ata que, aos ollos do director, estea 'ben feito'. Non permite moito a liberdade creativa. Os mellores momentos que tiven nas rodaxes foron os tempos en que os directores me permitiron expresarme, pero eran raros".
En maio de 2013, Wilson escribiu un artigo para a revista en liña Cracked.com, ofrecendo a súa opinión da inestabilidade dalgúns ex-nenos estrelas.[1] Agora traballa para Publicolor e ten a esperanza de entrar no mercado das novelas para mozos adultos; ademais, escribiu a súa primeira obra Off Broadway, chamada Sheeple.
Wilson tamén tivo un papel recorrente no podcast Welcome to Night Vale, como "A muller vella sen rostro que vive en segredo na túa casa".
Aos 12 anos, a Wilson se lle diagnosticou TOC.[2] Tamén se lle diagnosticou TDAH.[3] En 2015, colaborou con Project UROK, unha organización sen fins de lucro cuxa misión é axudar aos adolescentes con enfermidades mentais.[4] Apareceu nun vídeo para falar sobre as enfermidades mentais que experimentou, incluída a ansiedade, a depresión e o TOC.[5] Tamén falou sobre o seu historial de enfermidades mentais no podcast de Paul Gilmartin, The Mental Illness Happy Hour.[6]
En 2013, Wilson residía en Queens, Nova York.[7] Ela é bisexual,[8] e nunha entrevista de 2019 co sitio web bi.org, Wilson declarou sobre a súa sexualidade:
Lembro que pensei cando era xove que a bisexualidade tiña máis sentido para min que ser heterosexual ou ser gay. Para min tiña máis sentido intrínsecamente. Pensei: "Ben, si, para min ten sentido que a xente se sinta atraída por máis dun tipo de persoa". E lembro ter tido ese pensamento, mais pensando: "Pero iso é algo abstracto, non é un pensamento real".
E lembro sentirme atraída polas rapazas e namorarme delas na escola secundaria, e tamén a unha idade moi temperá. Creo que cando era como unha prepúber, realmente non me dei conta de que había namoramentos. Na escola secundaria, pensaba que tiña namoramentos ou amores platónicos, pero logo dicía: "Non, por suposto que non, é outra cousa". Botaríalle a culpa a outra cousa. Levoume moito tempo.
Tamén houbo moitas razóns polas que non me identifiquei con iso durante moito tempo. Creo que [para] cando cumprín a maioría de idade na década de 2000, existía unha especie de idea de: "estalo facendo para chamar a atención".[9]
Nunha entrevista de NPR de 2017, a actriz de dobraxe de The Simpsons, Nancy Cartwright, declarou que unha xove Wilson foi a inspiración para a voz dun personaxe no episodio «Bart Sells His Soul».[10]
Nun artigo de opinión de 2017 na revista Elle, Wilson defendeu á actriz dese entón con 13 anos, Millie Bobby Brown despois de que os comentaristas sexualizaran a imaxe pública de Brown.[11][12]
O 23 de febreiro de 2021, nun artigo de opinión de The New York Times, Wilson comentou sobre o documental Framing Britney Spears e os paralelismos entre as súas vidas como estrelas infantís.[13] Describiu que lle pediron que comentara sobre a florecente sexualidade de Spears, de 18 anos, cando apenas tiña 13. Expresou alivio por escapar en gran medida da sobreexualización da súa imaxe pública en comparación con Spears. Describiu a súa decepción cando un xornalista a chamou "mocosa malcriada" cando ela declarou honestamente que quería o día libre no seu aniversario número 13 en lugar de conceder entrevistas.[13]
Wilson é curmá do comentarista político conservador e presentador de medios Ben Shapiro.[14][15] Wilson, que é progresista,[16] declarou en entrevistas públicas que desautorizou a Shapiro polas súas opinións políticas e que non se falan dende hai anos.
Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1993 | Mrs. Doubtfire | Nattie Hillard | Papel secundario |
1994 | Miracle on 34th Street | Susan Walker | Papel principal |
1996 | Matilda | Matilda Wormwood | Papel principal |
1997 | A Simple Wish | Anabel Greening | Papel principal |
1999 | Balloon Farm | Willow Johnson | Telefilme |
2000 | Thomas and the Magic Railroad | Lily | Papel principal |
Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
1996 | Pearl | Samantha Stein | Episodio: "The Tutor" |
1999 | Batman Beyond | Tamara (voz) | Episodio: "Mind Games" |
2012 | Missed Connection | Bitty |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.