Manuel Lourenzo Sobral
filólogo, profesor e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Manuel Antonio Lourenzo Sobral, nado en Soutomaior en 1979, é un político galego do Bloque Nacionalista Galego.

Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1979 (44/45 anos) Soutomaior, España |
Alcalde de Soutomaior | |
2023 – ← Agustín Reguera Ocampo | |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
2020 – | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | profesor de ensino secundario, político, filólogo |
Traxectoria
Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, foi profesor de Ensino Secundario en Redondela. Concelleiro en Soutomaior polo BNG dende 2013. Encabezou a candidatura do BNG en dito concello nas eleccións municipais de 2015 e 2019, conseguindo unha mellora notable dos resultados da súa formación e quedando no 2019 a 43 papeletas de lograla vitoria sobre o PPdeG.
Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 foi o número 4 da candidatura do BNG pola provincia de Pontevedra[1] e foi elixido deputado. Volveu encabezar a candidatura do BNG en Soutomaior nas eleccións municipais de 2023 sendo a forza máis votada con 6 concelleiros[2], polo que foi elixido alcalde logrando o apoio da única concelleira do PSdeG, ca que formaría goberno.
Predecesor: Agustín Reguera Ocampo |
![]() Alcalde de Soutomaior 2023 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.