mestre e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Manuel Jesús Juncal Paredes, nado en Moaña cara a 1898 e finado en Vigo o 12 de maio de 1937, foi un mestre e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1898 Moaña, España |
Morte | 12 de maio de 1937 (38/39 anos) Vigo, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Alcalde de Pazos de Borbén | |
1936 – 1936 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | mestre , político |
Lingua | Lingua galega |
Fillo de Francisco Juncal Currás. Foi mestre interino en Moaña (1921), en 1923 foi destinado a San Mateo de Oliveira (Ponteareas), en 1925 a Tameiga, despois a Nespereira (Pazos de Borbén) e en 1933 coa súa muller ás Escolas Graduadas do Porriño.[1] Foi alcalde de Pazos de Borbén.[2] Militante de Izquierda Republicana, foi vocal do Comité pro-Autonomía de Galicia do Porriño en xuño de 1936.[3] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en consello de guerra, foi fusilado o 12 de maio de 1937.[4] Foi separado do servizo e baixa na escala en xaneiro de 1941.
Predecesor: ? |
Alcalde de Pazos de Borbén 1936 |
Sucesor: ? |
Casou coa tamén mestra María Clotilde Gayoso Rodríguez en 1924.[5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.