Manuel Daniel Varela Buxán
escritor e director teatral galego From Wikipedia, the free encyclopedia
escritor e director teatral galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Manuel Daniel Varela Buxán, nado en Lamas (A Estrada) o 2 de marzo de 1909 e finado en Cercio (Lalín) o 25 de setembro de 1986, foi un escritor e director teatral galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de marzo de 1909 Lamas, España |
Morte | 25 de setembro de 1986 (77 anos) Cercio, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Familia | |
Cónxuxe | Maruxa Villanueva |
Naceu en Salouzáns (Lamas) o 2 de marzo de 1909, fillo de solteira de Ángela Buján Vilela, xornaleira que procedía de Merlán (Palas de Rei). Aos tres anos levárono para O Carballal (A Estrada) canda Pilar Figueiras, quen o coidou. Foi á escola da Unión de Rubín. En 1919 a súa nai Ángela casou con Jesús Varela, traballaron de caseiros en Lamas e marcharon despois para Vinseiro. Establecéronse definitivamente anos máis tarde no lugar das Pallotas da parroquia de Cercio. Ese mesmo ano de 1919 Manuel trasladouse a Cádiz co seu padriño, quen tiña un fritidor de peixe, e ficou alí durante dez meses. Con vinte e un anos viuse na obriga de emigrar para a Arxentina. En Buenos Aires fundou a compañía Aires da Terra. En 1938 estreou nesa cidade a súa primeira obra de éxito: "Se o Sei... Non Volvo á Casa". Editou con Xosé Tobío Mayo e Manuel García Gerpe a folla "Crisol Gallego" que saía publicada no xornal Sábado.[1]
Na Arxentina casou coa actriz Maruxa Villanueva, con quen fundou a Compañía Gallega de Comedias Marujita Villanueva. En 1942 Daniel Castelao asistiu á representación da obra de Varela Buxán Pola Nosa Culpa. Marabillado do éxito de público co que contaba, confioulle á compañía a estrea da súa obra Os vellos non deben de namorarse. Precisamente, a representación desta obra alternaba cada dez días con outra de Varela Buxán, Taberna sen Dono.
En 1950 retornou a Galiza[2] e instalouse en Cercio (Lalín). Exerceu como asistente técnico sanitario[3] e continuou desenvolvendo o seu labor teatral. Foi presidente da xunta de electrificación de Cercio e como tal participou no acto de despedida do gobernador civil Rafael Fernández Martínez en representación das xuntas locais de electrificación da provincia.[4] As súas obras non gozaron de edición escrita ata a década de 1970.
Faleceu en Cercio o 25 de setembro de 1986, aos 77 anos.
O de Varela Buxán é un teatro que se adecúa sen problemas ao gusto do emigrante galego da época. Tratábase dunha dramática costumista, ruralista e folclórica de evocación do país. Con abondosas pasaxes cómicas, a súa creación teatral garda relación coa de Xavier Prado "Lameiro". Así mesmo, recolle a reivindicación dos problemas de Galiza.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.