Manuel Celso Matalobos
escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Manuel Celso Matalobos Cerceda, nado en Lugo o 1 de abril de 1959, é un escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de abril de 1959 (65 anos) Lugo, España |
Catedrático | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor, catedrático |
Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu de catedrático de lingua galega e literatura no IES Lucus Augusti, centro sobre o que leva publicado numerosos traballos de carácter multidisciplinar.
Foi tamén profesor de Didáctica no ICE da Universidade de Santiago, coordinador provincial do Gabinete da Reforma Educativa e coordinador docente de Galego da Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Colabora en diversos xornais e revistas, como Dorna, Grial, O Libelo, Pazo das Musas ou Xistral. Ten coordinado edicións de textos escolares para ESO e Bacharelato e a colección Cadernos para o ensino, e, tamén publicou varios traballos sobre autores galegos: Eduardo Pondal, Ramón Cabanillas, Antón Losada Diéguez, Castelao, Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Álvaro Cunqueiro, Celso Emilio Ferreiro e Xosé María Álvarez Blázquez.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.