militar e guerrilleiro antifranquista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Manuel Castro Rodríguez, nado en Castro Caldelas en 1906 e fusilado en Alcalá de Henares o 21 de febreiro 1946,[1] foi un militar galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1906 Castro Caldelas, España |
Morte | 21 de febreiro de 1946 (39/40 anos) Alcalá de Henares, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | militar, maquis |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española |
Membro do Partido Comunista de España, foi comisario político do V Rexemento do Exército Republicano. Estivo ao mando da 19ª Brigada Mixta[2] e da 48ª Brigada Mixta.[3] Foille concedida a Medalla ao Valor do Exército da República o 1 de outubro de 1938.[4] Foi tenente coronel no Exército español. Logo do remate da Guerra Civil exiliouse en Francia e entrou na resistencia contra os alemáns e o réxime de Vichy, acadando o grao de tenente xeneral, mandou o batallón de Tarbes e a 26ª Agrupación Guerrilleira. En 1944 o PCE enviouno a Galicia para organizar os grupos guerrilleiros antifranquistas do país. En outubro de 1944 presidiu a xuntanza de Abegondo á que acudiron Manuel Ponte, José Ramuñán Barreiro, Francisco Rey Balbís, Chema Urquiola, Adolfo Allegue Allegue, Juan Pérez Dopico e outros responsábeis das guerrillas, e na que lles expón as consignas da Unión Nacional Española e acórdase a constitución do Exército Guerrilleiro de Galicia. Como Manuel Castro non foi aceptado por todas as partidas déronlle o mando a Marcelino Rodríguez Fernández (Marrofer).[5]
Intentou axudar a Cristino García Granda a facer o mesmo cos grupos que operaban nas serras de Gredos e Guadarrama pero non deu os resultados que procuraba. O 13 de xuño de 1945 nun enfrontamento entre a Garda Civil e Manuel Castro e os seus homes morreron cinco guerrilleiros. Os superviventes movéronse cara a Madrid para tentar relanzar a resistencia urbana. O 20 de outubro a policía detivo a Cristino García, Manuel Castro e varios dos seus homes. Xulgados en consello de guerra sumarísimo o 22 de xaneiro de 1946, Manuel e Cristino foron condenados a pena de morte o 8 de febreiro xunto con Antonio Medina Vega, Francisco Esteve, Luis Ávila Núñez, Francisco Carranque Muñoz, Eduardo González, Gonzalo González, Joaquín Almazán e Eduardo Fuertes. Foi fusilado na madrugada do 21 de febreiro de 1946 con Cristino García Granda e Antonio Medina nas tapias do cemiterio municipal de Carabanchel Bajo, onde foron soterrados.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.