empresario galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Manuel Calvo Pumpido, nado na Coruña o 23 de setembro de 1938 e finado en Santiago de Compostela o 27 de xullo de 2007, foi un empresario galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de setembro de 1938 A Coruña, España |
Morte | 27 de xullo de 2007 (68 anos) Madrid, España |
Presidente do Sporting de Xixón | |
1994 – 1994 ← Eloy Calvo Capellín (en) – José Fernández Álvarez (en) → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Complutense de Madrid - química |
Actividade | |
Ocupación | empresario |
Familia | |
Pai | Luís Calvo Sanz |
Irmáns | José Luis Calvo Pumpido |
Fillo de Luís Calvo Sanz, fundador do Grupo Calvo en 1940[1], do que era vicepresidente e conselleiro delegado[2].
Licenciado en Ciencias Químicas pola Universidade Complutense de Madrid en 1959. En 1962 comezou a súa traxectoria profesional como responsable do departamento de mercadotecnia de ESSO Petroleum. En 1963 fundou Hizarco Publicidad y Márketing, S.A., empresa que presidiu ata 1970, cando se incorporou ao Grupo Calvo e fundou Calvopesca. O seu coñecemento do mundo da publicidade fixo que a súa decidida aposta, en 1979, pola publicidade en televisión fose un éxito para o grupo conserveiro[3].
A súa relación co fútbol chegoulle a través da súa empresa de publicidade Hizarco Publicidad y Márketing, S.A., que se encargaba de negociar e explotar a publicidade estática de varios estadios, entre os que se encontraba El Molinón.[4] Esta relación levouno a subscribir accións da sociedade anónima deportiva Real Sporting de Gijón en 1992, o que o levou ao primeiro consello de administración da S. A. D. e, en 1994, á súa presidencia[5].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.