diplomático español From Wikipedia, the free encyclopedia
Manuel Aznar Zubigaray, nado en Etxalar (Navarra) en 1894 e finado en Madrid en 1975, foi un xornalista, político e diplomático español. Foi o avó de José María Aznar.
En 1912 comezou a colaborar no xornal integrista Tradición Navarra. En 1913 estableceuse en Bilbao e traballou na redacción do xornal nacionalista, Euzkadi e na revista cultural Hermes. Durante a primeira guerra mundial escribiu crónicas bélicas co alcume de Gudalgai. En 1914 estreou o drama El jardín del mayorazgo. En 1916 afiliouse ao Partido Nacionalista Vasco. Foi correspondente en Marrocos, onde fixo amizade con Francisco Franco Bahamonde. En 1918 accedeu á dirección do xornal madrileño El Sol. En 1922 marchou a Cuba, onde dirixiu El País e Diario de la Marina. Co comezo da Segunda República volveu a Madrid e dirixiu de novo El Sol, afiliouse ao Partido Republicano Conservador e dirixiu a súa campaña electoral de 1933.
Tras a sublevación de Franco marchou a París e logo a Burgos e traballou como propagandista e cronista militar. En 1940 publicou Historia militar de la Guerra de España (1936-1939) e uns anos despois Historia de la Cruzada (1943–1944).
Dirixiu Diario Vasco, a axencia de noticias EFE (1958) e La Vanguardia (1960-1964). Fundou a revista Semana e foi procurador en Cortes.
Embaixador diante a ONU entre 1964 e 1967, foi tamén embaixador en Marrocos, Arxentina e a República Dominicana e ministro plenipotenciario nos Estados Unidos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.