filme de 1993 dirixido por Woody Allen From Wikipedia, the free encyclopedia
Misterioso asasinato en Manhattan (en inglés: Manhattan Murder Mystery) é un filme de Woody Allen de 1993 do xénero de suspense, cun ton cómico, protagonizada por Alan Alda, Allen, Anjelica Huston e Diane Keaton, na súa oitava colaboración co director. O filme trata sobre a investigación dun matrimonio sobre a morte da esposa do seu veciño.
Misterioso asasinato en Manhattan | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Manhattan Murder Mystery |
Director | Woody Allen |
Produtor | Robert Greenhut |
Guión | Woody Allen Marshall Brickman |
Intérpretes | Alan Alda Woody Allen Anjelica Huston Diane Keaton |
Fotografía | Carlo Di Palma |
Montaxe | Susan E. Morse |
Distribuidora | TriStar Pictures |
Estrea | 18 de agosto de 1993 |
Duración | 107 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Suspense, comedia |
Orzamento | 13,5 millóns de dólares |
Recadación | 11,2 millóns de dólares (Estados Unidos) |
Na rede | |
Estreouse en galego na Televisión de Galicia en 1996.[1]
Larry Lipton e a súa esposa Carol coñecen os seus veciños maiores Paul e Lillian House no ascensor nun agradable encontro. Á noite seguinte, Lillian morre dun ataque cardíaco. Os Lipton están sorprendidos pola morte porque parecía ben saudable e desconfían da alegría de Paul despois da morte da súa muller. Carol comeza a investigar, mesmo inventando unha escusa para visitalo. Unha urna que atopa no apartamento de Paul contradí a súa historia de que Lillian fora enterrada.
Allen comezou Manhattan Murder Mystery como un primeiro borrador de Annie Hall, mais non sentiu que fose suficientemente substancial e decidiu ir noutra dirección.[2] Renunciara a realizar o filme durante anos porque sentía que era demasiado lixeiro, "como un libro para ler no aeroporto".[3] Allen decidiu revisitar o material a principios da década de 1990. Contactou con Marshall Brickman, con quen coescribira Annie Hall, e desenvolveron máis a historia.[4] O papel de Carol estaba escrito para Mia Farrow, mais cambiouse cando ela e Allen remataron a súa relación e se enlearon nunha batalla pola custodia dos seus tres fillos.[5] Nos medios indicouse que se fixeron cambios no filme no que foi "definitivamente unha reacción" aos problemas de Allen, incluído contratar a Anjelica Huston como "unha novelista primeiriza moito máis nova" coa que a personaxe de Allen se ve relacionada romanticamente (Huston tiña 41 anos durante a produción).[6] No outono de 1992, Allen chamou a Diane Keaton e pediulle que ocupase o lugar de Farrow e ela aceptou inmediatamente.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.