filme de 2016 dirixido por Benjamin Ree From Wikipedia, the free encyclopedia
Magnus é un filme documental de 2016 dirixido por Benjamin Ree sobre os inicios do xadrecista noruegués Magnus Carlsen.[1][2][3] O mozo converteuse en Gran Mestre aos 13 anos e gañou o Mundial de Xadrez en 2013.[4][5]
Estreado no Festival de Cinema de Tribeca en 2016,[6] converteuse no primeiro documental noruegués que se estreou a nivel mundial no antedito festival.[7] Magnus Carlsen non asistiu á estrea, mais si a súa familia.[8] Foi o filme desa edición do festival que antes esgotou as súas entradas.[9] Frederic Boyer, director artístico do Festival de Cinema de Tribeca, afirmou que era un dos seus favoritos dese ano.[10]
Magnus recibiu maioritariamente recensións positivas da crítica de cinema. Ten unha puntuación do 81% no sitio web Rotten Tomatoes baseada en 27 valoracións, cunha media ponderada de 6,2 sobre 10.[11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.