Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Onda Media (OM), ás veces denominada tamén Frecuencia Media (MF), (do inglés, Medium Frecuency) é a banda do espectro electromagnético que ocupa as frecuencias de 300 kHz a 3 MHz.
A propagación nesta banda segue a curvatura da Terra, e as ondas poden reflectirse na ionosfera.
Isto fai que o seu alcance sexa duns centos de km perante o día, e é maior canto máis baixa é a frecuencia da onda. De noite propágase mellor que polo día, porque desaparece a capa D da ionosfera que absorbe fortemente as ondas medias.
Trátase dunha banda sumamente vulnerable ao ruído:
Dende os comezos da radio (nos anos da década de 1920), as ondas nestas frecuencias úsanse para a radiodifusión en AM debido á facilidade con que atravesan obstáculos e á relativa simplicidade dos equipos de entón:
Frecuencias utilizables na onda media europea (en kHz)
531 | 540 | 549 | 558 | 567 | 576 | 585 | 594 | 603 | 612 | 621 | 630 |
639 | 648 | 657 | 666 | 675 | 684 | 693 | 702 | 711 | 720 | 729 | 738 |
747 | 756 | 765 | 774 | 783 | 792 | 801 | 810 | 819 | 828 | 837 | 846 |
855 | 864 | 873 | 882 | 891 | 900 | 909 | 918 | 927 | 936 | 945 | 954 |
963 | 972 | 981 | 990 | 999 | 1008 | 1017 | 1026 | 1035 | 1044 | 1053 | 1062 |
1071 | 1080 | 1089 | 1098 | 1107 | 1116 | 1125 | 1134 | 1143 | 1152 | 1161 | 1170 |
1179 | 1188 | 1197 | 1206 | 1215 | 1224 | 1233 | 1242 | 1251 | 1260 | 1269 | 1278 |
1287 | 1296 | 1305 | 1314 | 1323 | 1332 | 1341 | 1350 | 1359 | 1368 | 1377 | 1386 |
1395 | 1404 | 1413 | 1422 | 1431 | 1440 | 1449 | 1458 | 1467 | 1476 | 1485 | 1494 |
1503 | 1512 | 1521 | 1530 | 1539 | 1548 | 1557 | 1566 | 1575 | 1584 | 1593 | 1602 |
Os radioafeccionados teñen asignada unha banda nesta parte do espectro: a banda de 160m, que abarca dende os 1800 ata os 2000 quilohercios, dependendo dos países. A título experimental, estanse autorizando estacións de afeccionados arredor dos 500 quilohercios (banda de 600 metros) ao desaparecer o uso nesa frecuencia para as chamadas de emerxencia no mar[2].
Entre os 300 e os 500 quilohercios existen estacións chamadas radioaxudas ou radiofaros destinadas na súa orixe a orientar o tráfico marítimo, e complementadas dende a década de 1940 con outras destinadas a servir de balizas á aviación. Son as instalacións denominadas NDB, iniciais en inglés de Non-Directional Beacon, balizas non direccionais. Estas emisoras son de funcionamento automático e radian cada poucos segundos nunha combinación de letras en código morse.
Unha peculiaridade da radiodifusión en onda media é a presenza no interior de moitos aparatos receptores dunha barra, de entre 4 e 20 centímetros de lonxitude, composta de ferrita e arredor da cal van enroladas varias espiras de cable moi fino. Isto dálle aos aparatos un carácter altamente direccional, que permite ao oínte colocalos da maneira mais óptima para a escoita (coa barra perpendicular ao lugar de procedencia da emisión).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.