Músculo pronador redondo
From Wikipedia, the free encyclopedia
O músculo pronador redondo é un músculo do membro superior humano situado na rexión anterior do antebrazo.
Músculo pronador redondo | |
---|---|
![]() | |
Vista anterior do antebrazo esquerdo. Pronador redondo en azul. | |
Latín | musculus pronator teres |
Orixe | Cabeza do úmero: epicóndilo medial e crista supracondílea
Cabeza do cúbito: zona medial da apófise coronoide |
Inserción | Metade da cara lateral do radio |
Vascularización | Arteria ulnar e arteria radial |
Innervación | Nervio mediano |
Accións | Pronación do antebrazo e flexión do cóbado |
Antagonista | Músculo supinador |
Orixe e insercións
A súa orixe áchase no epicóndilo medial do úmero e na crista supracondílea do mesmo óso. Algunhas febras parten do bordo medial da apófise coronoide do cúbito. A inserción caudal localízase na superficie lateral da diáfise radial.
Función
A principal función do pronador redondo é a pronación do antebrazo, xirando a man cara a atrás, aínda que tamén realiza unha pequena flexión do cóbado ou axuda a flexionalo cando exista unha forte resistencia.
Innervación
É innervado polo nervio mediano.
Vascularización
Recibe pólas da arteria radial e da arteria cubital.
Galería de imaxes
- Músculo pronador redondo destacado en vermello
- Corte transversal do antebrazo
- Corte transversal a través dos extremos distais do radio e do cúbito
- Disección músculos superficiais do brazo
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Músculo pronador redondo ![]() |
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.