Remove ads
festa da antiga Roma From Wikipedia, the free encyclopedia
A festa das Lupercais (en latín lupercalia) era unha festa que se celebraba na antiga Roma ante diem XV Kalendas Martias, o que equivale ao 15 de febreiro.
Foron desterradas polo Papa Vixilio no século VI ao substituílas pola candelaria. O seu nome deriva supostamente de lupus (lobo, animal que representa a Fauno Luperco) e hircus (macho cabrío, un animal impuro). Foron instituídas por Evandro o arcadio en honor de Pan Liceo (tamén chamado Fauno Luperco, o que protexía ao lobo, e protexía contra Februo, ou tamén Plutón).
Un corpo especial de sacerdotes, os Lupercos ou Luperci (Sodales Luperci ou amigos do lobo) eran elixidos anualmente entre os cidadáns máis ilustres da cidade que debían ser na súa orixe adolescentes que sobrevivían da caza e o merodeo no bosque durante o tempo da súa iniciación na idade adulta, o que por aquel entón era un tempo sagrado e transitorio en que se comportaban como lobos humanos. Reuníanse o 15 de febreiro na recentemente atopada gruta do Lupercal (máis tarde chamada Ruminal en honor a Rómulo e Remo) no monte Palatino. Segundo a tradición foi neste lugar onde Fauno Luperco, tomando a forma dunha loba, aleitara os xemelgos Rómulo e Remo, e en cuxo honor se facía a festa. A tradición conta que alí había unha figueira cuxas raíces detiveran a cesta en cuxo interior se atoparan os xemelgos Rómulo e Remo.
Baixo a sombra desta venerable figueira, a Ruminalis, celebraban o sacrificio dun can e dun macho cabrío, animais que eran considerados impuros. Despois tocábase a fronte dos luperci co coitelo tinguido co sangue da cabra e a continuación borrábase a mancha cun mechón impregnado en leite do mesmo animal. Este era o momento en que os lupercos prorrompían nunha gargallada de ritual. Logo cortaban a pel dos animais sacrificados en tiras, chamadas februa, que xunto coa deidade sabina Februo, e o sobrenome de Xuno, Februalis (a que purifica), son os posibles candidatos a darlle nome ao mes de febreiro. Con este aspecto e case espidos, só tapados cunhas tiras de coiro, saían ao redor do monte Palatino onde golpeaban a todos os que atopaban ao seu paso. O ser azoutado polas tiras de coiro dos luperci equivalía a un acto de purificación, e era chamado februatio.
Este acto de purificación comezou no reinado de Rómulo e Remo, cando as mulleres romanas se fixeron estériles. Logo de consultar o oráculo da deusa Xuno, no bosque Esquilo, esta responde: "Nais do Lacio, que vos fecunde un macho cabrío peludo". E é esta a razón pola que os luperci van espidos uncidos en sangue de animais impuros (coma se viñesen de caza) con peles de lobo, golpeando co látego como se fose un membro viril.
Para as mulleres, este rito aumentaba a súa fertilidade poñéndolle as carnes de cor púrpura. Esta cor representaba as prostitutas da época, en particular as que exercían a prostitución sagrada cos lupercos no Ara Máxima, tamén chamadas lupas ou lobas. Desta cor vestiu Helena de Troia para ofender o seu marido Menelao, que como todos os reis da época, trataban como unha escrava ás súas mulleres.(Hoxe en día é cor do feminismo).
Esta celebración adoptouna o emperador Xustiniano I no imperio de Oriente o ano 542, como remedio para unha peste que xa abordelara Exipto e Constantinopla e ameazaba o resto do imperio.
Co paso do tempo o Papa Xelasio I prohibiu e condenou, no ano 494, a celebración pagá das Lupercais. Quixo cristianizar esta festividade e substituílo polo 14 de febreiro, data na cal morreu martirizado un cristián chamado Valentín, no ano 270 d.C.
As lupercais trocáronse pois nunha procesión de candeas pedindo, en cánticos e ladaíñas, a mesma protección contra a morte e a fertilidade que procuraba Fauno Luperco, agora elevada a esperanzas dunha vida e saúde moito máis alta. Malia todo, esta procesión das candeas desterrou o rito pagán moito máis efectivamente que todas as prohibicións anteriores.
Esta celebración uniuse máis tarde á liturxia da Presentación, pola referencia que Simeón fai, no seu canto, a Cristo como "luz das nacións", asociada aos cirios, fachos e candeas acendidas nas mans dos fieis. O 2 de febreiro cumpríanse corenta días desde que, na época de San Ambrosio, se fixa o 25 de decembro como data do nacemento de Xesús, tamén para desterrar o festexo pagán do culto ao Sol.
Das lupercais procede hoxe a tradición do carnaval galego característico de Xinzo de Limia, Laza e Verín, onde os cigarróns, pantallas ou á xente peliqueiros azoutan con débiles fustas de coiro, con chocas en honor aos pastores dos que Fauno Luperco era deus, e golpeando con tripas de porco inchadas coa man.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.