Ludwig Feuerbach

From Wikipedia, the free encyclopedia

Ludwig Feuerbach

Ludwig Andreas Feuerbach, nado o 28 de xullo de 1804 en Landshut e finado o 13 de setembro de 1872 en Nuremberg-Rechenberg, foi un filósofo alemán.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Ludwig Feuerbach
Thumb
Biografía
Nacemento(de) Ludwig Andreas Feuerbach
28 de xullo de 1804
Landshut (Sacro Imperio Romano Xermánico)
Morte13 de setembro de 1872 (68 anos)
Núremberg (Imperio Alemán)
Lugar de sepulturaJohannisfriedhof (en)
ResidenciaRechenberg (en) (1859–1872)
Bruckberg (1836–1859)
Relixiónsen valor
EducaciónUniversity of Erlangen (en) - filosofía, anatomía (1826–1828)
Universidade Humboldt de Berlín - filosofía (1824–1826)
Universidade de Heidelberg - Protestant theology (en) (1823–1824)
Universidade de Erlangen-Núremberg
Actividade
Campo de traballoJovens hegelianos (pt) , Filosofía da relixión, Ética, epistemoloxía e Antropoloxía filosófica
Ocupaciónantropólogo, teólogo, crítico das religiões (pt) , escritor, filósofo, profesor universitario, apicultor
Período de tempoFilosofia do século XIX (pt)
EmpregadorUniversity of Erlangen (en) , Privatdozent (1829–)
MovementoAteísmo e idealismo alemán
Influencias
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeBertha Löw
PaiPaul Johann Anselm von Feuerbach
IrmánsJoseph Anselm Feuerbach
Karl Wilhelm Feuerbach
Friedrich Feuerbach
Eduard August Feuerbach
Sinatura Thumb

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Фейербах Людвиг Андреас)
Allgemeine Deutsche Biographie
Obálky knih,
Sitio webludwig-feuerbach.de
iTunes: 304574726
Pechar

Traxectoria

Feuerbach foi o terceiro fillo do eminente xurista Paul Johann Anselm Ritter von Feuerbach, irmán do matemático Karl Wilhelm Feuerbach e tío do pintor Anselm Feuerbach.[1]

Feuerbach é recoñecido pola súa teoloxía humanista e pola influencia que o seu pensamento exerce sobre Karl Marx. Abandonou os estudos de Teoloxía para tornarse alumno do filósofo Hegel, durante dous anos, en Berlín. En 1828, pasou a estudar ciencias naturais en Erlange e dous anos despois publicou anonimamente o primeiro libro, Pensamentos sobre Morte e Inmortalidade. Nese traballo ataca a idea da inmortalidade, sustentando que, despois da morte, as cualidades humanas son absorbidas pola natureza. Escribe Abelardo e Heloísa (1834), Piere Bayle (1838) e Sobre Filosofía e Cristianismo (1839). Na primeira parte desta última obra, que influencia Marx, discute a "esencia verdadeira ou antropolóxica da relixión". Na segunda parte analiza a súa "esencia falsa ou teolóxica". De acordo coa súa filosofía, a relixión é unha forma de alienación que proxecta os conceptos do ideal humano nun ser supremo. Ao atacar relixiosos ortodoxos entre 1848 e 1849, anos de turbulencia política, é considerado un heroe por moitos revolucionarios. Morreu en Rechenberg, na Alemaña.

A teoloxía é antropoloxía

O home para Feuerbach está articulado en dous momentos: cada un é individuo singular, mais portador da esencia universal.

A humanidade ten tres características fundamentais: O home é sobre todo razón, despois vontade e á fin sentimento.

De aí a relixión proxecta tales características: o Pai (razón), o Fillo (vontade) e o Espírito Santo (sentimento).

O Deus xudaico equivale á alienación dos dous primeiros caracteres. Cristo equivale á alienación do terceiro. O home estaba case convencéndose de que Deus era o Home, mais a fe levouno de volta á situación relixiosa. O home pola súa fraqueza non admite os seus erros, deposítaos nun "outro".

O Home é aquilo que come

A situación material en que o home vive é que o cría.

Feuerbach nega o concepto da existencia primeiro da idea e despois a materia. Para el a mazá real precede a idea da mazá. Afirma que deberíamos entender a Hegel de cabeza para baixo. Para Feuerbach, Hegel describe o home de punta-cabeza.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.