actriz italiana From Wikipedia, the free encyclopedia
Lucia Borloni, nada en Milán o 28 de xaneiro de 1931 e finada en Segovia o 23 de marzo de 2020,[1] foi unha actriz italiana coñecida como Lucia Bosè, que acadou a fama durante a época do neorrealismo.
(1954) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (it) Lucia Borloni 28 de xaneiro de 1931 Milán, Italia |
Morte | 23 de marzo de 2020 (89 anos) Segovia, España |
Outros nomes | Lucia Bosè |
Altura | 173 cm |
Actividade | |
Campo de traballo | Actuación |
Ocupación | actriz, modelo |
Período de actividade | 1950 - 2007 |
Familia | |
Cónxuxe | Luis Miguel Dominguín (1955–1967) |
Fillos | Lucía Dominguín, Miguel Bosé, Paola Dominguín |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Filla de Domenico Borloni e Francesca Bosè,[2] tras varios anos traballando nunha panadaría da súa cidade, Pasticceria Galli, en 1947 gañou o concurso de beleza de Miss Italia. Actuou nunha curtametraxe de Dino Risi e debutou na pantalla grande en 1950 en Non c'è pace tra gli ulivi, de Giuseppe De Santis. O mesmo ano interpretou a Paola Molon en Cronaca di un amore, de Michelangelo Antonioni. En 1953 volveu actuar para Antonioni en La signora senza camelie e Juan Antonio Bardem escolleuna para o papel protagonista de Muerte de un ciclista (1955).
A súa carreira floreceu ata 1956, cando casou co toureiro español Luis Miguel Dominguín e abandonou a actuación para ocuparse dos fillos. En 1960 interpretou un papel sen acreditar en O testamento de Orfeo, de Jean Cocteau e volveu ao cinema a finais da década de 1960.
Casou co toureiro Luis Miguel Dominguín. Foi a nai do cantante Miguel Bosé e avoa da modelo Bimba Bosé.
Finou como consecuencia da epidemia de coronavirus de 2019[3].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.