Bimba Bosé
Modelo e cantante española From Wikipedia, the free encyclopedia
Eleonora Salvatore González-Lucas, nada en Roma (Italia) o 1 de outubro de 1975 e finada en Madrid o 23 de xaneiro de 2017,[1] foi unha modelo, deseñora e cantante española[2][3] máis coñecida como Bimba Bosé. O seu nome artístico significa nena en italiano.
![]() (2010) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Eleonora Salvatore González 1 de outubro de 1975 Roma, Italia |
Morte | 23 de xaneiro de 2017 (41 anos) Madrid, España |
Causa da morte | cancro de mama |
Actividade | |
Ocupación | modelo, modelo, cantante, actriz de cinema |
Período de actividade | 1994 - 23 de xaneiro de 2017 |
Instrumento | Voz |
Familia | |
Fillos | Dora Postigo |
Nai | Lucía Dominguín |
Parentes | Miguel Bosé, tío Luis Miguel Dominguín, avó Lucia Bosè, avoa Nicolás Coronado, curmán entregue |
![]() |
Biografía
Filla de Lucía González Bosé e o seu primeiro marido, Alessandro Salvatore, neta materna do toureiro Luis Miguel González Lucas "Dominguín" e da actriz Lucia Bosè.
Tiña seis irmáns: polo lado paterno, a Olfo Bosé, Alessandro, Francesca e Alfonso Salvatore; polo lado materno, a Jara e Lucía Tristancho. Era sobriña do cantante Miguel Bosé.
Estivo casada, dende o 3 de xuño de 2006 até comezos do ano 2013, co realizador e músico Diego Postigo con quen tivo dúas fillas: Dora e June Postigo Salvatore.
No 2014, Bimba Bosé foi operada dun cancro no peito esquerdo.[4] En xuño de 2016 confirmou á revista Lecturas que tiña "metástase en ósos, fígado e cerebro" e que seguía en tratamento.[5] Faleceu o 23 de xaneiro de 2017 no Hospital Universitario Ramón y Cajal de Madrid.[6]
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.