Lucernario
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un lucernario, lucarna ou lumieira é un corpo cilíndrico ou poliédrico con fiestras ou aberturas que están na parte superior dalgúns edificios. A estrutura proxéctase na cuberta inclinada da casa, xeralmente cunha xanela para a entrada da luz e circulación de ar no faiado. Ás veces denomíanse tamén mansarda, mais este termo adoita reservarse para a cuberta crebada, o tipo de cuberta a dúas augas con dous declives, sendo a parte inferior máis pendente ca a superior.
- Este artigo trata sobre o corpo cilíndrico con ventás na parte superior dos edificios, para o oco no teito ou na parte superior da parede véxase Biolo.
Os lucernarios aparecen tanto en construcións orixinais como en reformas posteriores, para crear espazos útiles nos faiados dos edificios, ademais de ter unha nova fiestra.[1]
O mesmo ca as claraboias ou biolos e as bufardas, os lucernarios son fonte de luz e ventilación no faio dos edificios, mais, a diferenza das claraboias (que son paralelas á superficie da cuberta) estes incrementan o tamaño do faio permitindo ter máis espazo dispoñíbel. Para a súa instalación cómpre furar a cuberta que se teita con outra pequena cuberta, normalmente a dúas augas, cuxo cabalete sitúase perpendicular á aba e á fiestra no centro e por riba desta.
A casa tradicional galega raramente posúe lucernarios, xa que o faiado non adoita ser habitábel. Si é común ver lucernarios en casas urbanas galegas e en reformas de vivendas vernáculas.
Galería de imaxes
- Lucernarios na cuberta da casa de Estanislao Durán, en Vigo.
- Lumieiras na cuberta e faiado do Edificio Simeón en Vigo.
- Casa inglesa con dous lucernarios na cuberta.
- Un lucernario do século XVII en Richelieu, Francia.
- Casa cun lucernario no colmado, Inglaterra.
- Pier House en Broadford, Skye, noutrora Hotel Campbell's Temperance, 1880.
- Un lucernario a dúas augas.
- Lucernario nun tellado italiano.
- Múltiples lucernarios nun tellado polonés.
- Un lucernario de cuberta plana.
- Un lucernario de cuberta a tres vertentes.
- Un lucernario nun tellado de tellas de formigón.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.