Lucánidos

From Wikipedia, the free encyclopedia

Lucánidos

Os lucánidos (Lucanidae) son un grupo dunhas 1 200 especies de escaravellos que constitúen unha familia, actualmente dividida en catro subfamilias.[1] Algunhas especies chegan a medrar ata os 12 cm de longo, pero a maioría miden uns 5 cm. O máis famoso deles en Galicia é a vacaloura, que é o insecto terrestre máis grande de Europa.

Dorcus curvidens macho (á esquerda) e femia (á dereita)
Máis información Clasificación científica, Subfamilias ...
Lucánidos

Macho de Lamprima aurata
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Suborde: Polyphaga
Infraorde: Scarabaeiformia
Superfamilia: Scarabaeoidea
Familia: Lucanidae
Latreille, 1804
Subfamilias

Aesalinae
Lampriminae
Lucaninae
Syndesinae

Pechar
Vacaloura

Os machos de moitas das especies teñen unhas distintivas mandíbulas agrandadas que parecen cornamentas.

O nome lucánidos procede do nome da rexión de Lucania en Italia. Plinio o Vello decatouse de que Nigidius (erudito e pretor romano) chamaba á vacaloura lucanus porque na rexión de Lucania era usada como amuleto.

Os machos dos lucánidos usan as súas mandíbulas para loitar contra outros machos polos sitios de apareamento preferentes de forma parecida ao que fan os cervos. Tamén poden loitar por comida, como secrecións de árbores ou froitos en descomposición. Malia a súa aparencia medorenta, normalmente non son agresivos cos humanos.

As femias dos lucánidos son normalmente máis pequenas que os machos e con mandíbulas moito menores, pero aínda sendo mandíbulas máis pequenas, son máis poderosas ao morder que as dos machos.[2] Cando son larvas, as femias poden distinguirse dos machos pola presenza de ovarios graxos de cor crema visibles a través da pel á altura dos dous terzos da lonxitude do animal no dorso.

As larvas aliméntanse durante varios anos de madeira podre, pasando por tres estadios larvarios ata que finalmente pupan dentro dunha cela pupal construída con cachos de madeira dos arredores e partículas do solo. No estadio larvario final, "L3", as larvas das especies máis grandes, como Prosopocoilus giraffa, poden ter o tamaño dun dedo humano.

Algúns lucánidos grandes son utilizados como mascotas no Xapón.[3] En Galicia os cornos da vacaloura eran utilizados tradicionalmente como amuletos.

Alometría dos cornos do lucánido Prosopocoilus savagei

O tamaño dos cornos presenta variacións entre os individuos machos, denominada relación de escala ou alometría estática. As condicións ambientais durante o desenvolvemento afectan o tamaño absoluto dos cornos, pero tamén actúan factores xenéticos.

Os lucánidos son moi aprezados polos coleccionistas, e existe un comercio internacional, non sempre legal, con algunhas especies especialmente grandes ou vistosas. Na Península Ibérica figuran na lista de especies a protexer.

Taxonomía

Thumb
Ciclo vital

A familia Lucanidae divídese nas seguintes subfamilias e tribos:[4]

  • Subfamilia Protolucaninae Nikolajev, 2007
  • Subfamilia Aesalinae MacLeay, 1819
    • Tribo Aesalini MacLeay, 1819
    • Tribo Ceratognathini Sharp, 1899
    • Tribo Nicagini LeConte, 1861
  • Subfamilia CeruchitinaeNikolajev, 2006
  • Subfamilia Syndesinae MacLeay, 1819
  • Subfamilia Lampriminae MacLeay, 1819
    • Tribo Lamprimini MacLeay, 1819
    • Tribo Streptocerini Kikuta, 1986
  • Subfamilia Lucaninae Latreille, 1804
    • Tribo Chiasognathini Burmeister, 1847
    • Tribo Lucanini Latreille, 1804
    • Tribo Platycerini Mulsant, 1842
    • Tribo Platyceroidini Paulsen e Hawks, 2008
  • Subfamilia ParalucaninaeNikolajev, 2000

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.