canción de Beck From Wikipedia, the free encyclopedia
"Loser" é unha canción do músico estadounidense de rock alternativo Beck, editado como sinxelo do seu terceiro álbum Mellow Gold inicialmente o 8 de marzo de 1993 a través do selo independente Bong Load Custom. Foi escrita por Beck e o produtor Carl Stephenson, e ámbolos dous produciron o tema xunto a Tom Rothrock.
«Loser» | |||||
---|---|---|---|---|---|
sinxelo de Beck | |||||
do álbum Mellow Gold | |||||
Lanzamento | 8 de marzo de 1993 | ||||
Formato | {{{formato}}} | ||||
Gravada | |||||
Xénero musical | indie rock, lo-fi, rap rock, hip-hop alternativo | ||||
Lingua(s) | {{{lingua}}} | ||||
Duración | 3:55 | ||||
Discográfica | Bong Load Custom, DGC | ||||
Produtor(es) | Beck, Carl Stephenson, Tom Rothrock | ||||
Escritor(es) | Beck, Carl Stephenson | ||||
Cronoloxía | |||||
| |||||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
Cando foi editado inicialmente, "Loser" comezou a ter difusión en varias emisoras de rock moderno, e a súa popularidade permitiulle a Beck conseguir un contrato coa subsidiaria de Geffen Records DGC Records. Despois de que a canción fose reeditada pola DGC, acadou o posto 10 na lista Billboard Hot 100 en abril de 1994.
"Loser" foi elixida a novena mellor canción dos anos 90 pola publicación musical de Internet Pitchfork Media, na súa lista das 200 mellores cancións desa década[1], e Rolling Stone situona no posto 203 na súa lista de 2010 das 500 mellores cancións de todos os tempos[2].
Todos os temas por Beck, agás onde se indique.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.