Lorenzo Sanz

empresario español From Wikipedia, the free encyclopedia

Lorenzo Sanz

Lorenzo Sanz Mancebo, nado en Madrid o 9 de agosto de 1943 e finado na mesma cidade o 21 de marzo de 2020, foi un empresario español. Exerceu como o 14º presidente do Real Madrid, cargo que ocupou entre 1995 e 2000, e foi tamén propietario do Málaga CF.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Lorenzo Sanz
Thumb
Biografía
Nacemento(es) Lorenzo Sanz Mancebo
9 de agosto de 1943
Madrid, España
Morte21 de marzo de 2020 (76 anos)
Hospital Universitario Fundación Jiménez Díaz, España
Causa da morteCOVID-19
14º Presidente do Real Madrid Real Madrid CF
26 de novembro de 1995 – 16 de xullo de 2000
 Ramón MendozaFlorentino Pérez 
Datos persoais
RelixiónCatolicismo
Actividade
Ocupaciónfutbolista, promotor inmobiliario
Período de actividade1985 - 2000
Deportefútbol
Familia
FillosLorenzo Sanz Durán, Francisco Sanz Durán, Fernando Sanz

Descrito pola fonteLorenzo Sanz, Who Led Comeback of Real Madrid, Dies at 76 (en)
Pechar

Traxectoria

Na súa mocidade xogou ao fútbol como porteiro en varios equipos modestos de Madrid, entre eles o Puerta Bonita.[1] Como empresario fixo fortuna no sector inmobiliario e da construción. Estivo vencellado a Fuerza Nueva, partido de extrema dereita do que xestionaba a publicidade.[2]

En 2018 foi condenado a tres anos de cárcere e ao pago dunha multa de 1,2 millóns de euros pola ocultación a Facenda de ingresos por valor de 6 millóns de euros.[3]

Presidencia do Real Madrid

Foi directivo do Real Madrid de 1985 a 1995. O 26 de novembro de 1995 converteuse no 14º presidente do Real Madrid despois de que Ramón Mendoza se vise obrigado a dimitir polos problemas económicos, sociais e deportivos do club. Sanz intentou darlle a volta ao club fichando estrelas como Davor Šuker e Predrag Mijatović. En 1998 o equipo volveu gañar a Liga de Campións 32 anos despois, e repetiu título no ano 2000.[1]

Tras os dous triunfos na Liga de Campións, Sanz celebrou eleccións anticipadas para a presidencia do club en 2000, pero perdeunas ante Florentino Pérez.[4] En 2006 presentouse unha vez máis ás eleccións para a presidencia do Real Madrid, quedando en cuarto lugar, por detrás de Ramón Calderón, Juan Palacios e Juan Miguel Villar Mir.[5]

En xullo de 2006 comprou o Málaga CF e colocou como presidente ao seu fillo Fernando.[6] Vendeu o club en 2010 a un investidor catarí por un importe de 50 millóns de euros.[7]

Vida persoal

Casou con María Luz Durán Muñoz, coa que tivo cinco fillos. O maior deles, Lorenzo, foi xogador de baloncesto e membro do Real Madrid, mentres que Paco e Fernando foron futbolistas, chegando a xogar ambos na Primeira División.[8] A súa filla Malula casou co futbolista galego Míchel Salgado.[1]

Faleceu por COVID-19 na noite do 21 de marzo de 2020 aos 76 anos de idade.[1]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.