filme de 2017 dirixido por James Mangold From Wikipedia, the free encyclopedia
Logan é un filme estadounidense de 2017 dirixido por James Mangold e protagonizado por Hugh Jackman. Trátase do décimo filme da serie de X-Men e o terceiro e derradeiro da triloxía de Wolverine, após X-Men Origins: Wolverine (2009) e The Wolverine (2013). Inspírase na trama da banda deseñada de "Old Man Logan" de Mark Millar e Steve McNiven, baseada nun futuro alternativo no que o personaxe de Lobeto está envellecido e o profesor Charles Xavier moi enfermo. Terá que defender a Laura, unha moza mutante perseguida polos Reavers, liderados por Donald Pierce e Zander Rice.[4][5][6] O filme está producido por 20th Century Fox, Marvel Entertainment, TSG Entertainment e The Donners' Company, e distribuído por 20th Century Fox.[7][8] Ademais de Hugh Jackman, o filme está protagonizado por Patrick Stewart, Richard E. Grant, Boyd Holbrook, Stephen Merchant e Dafne Keen.[9][10][11]
Logan | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Logan |
Director | James Mangold |
Produtor | Hutch Parker Simon Kinberg Lauren Shuler Donner |
Guión | Scott Frank James Mangold Michael Green |
Baseado en | Personaxe de Lobeto de Roy Thomas Len Wein John Romita Sr. |
Intérpretes |
|
Música | Marco Beltrami |
Fotografía | John Mathieson |
Montaxe | Michael McCusker Dirk Westervelt |
Estudio |
|
Distribuidora | 20th Century Fox |
Estrea | Festival de Berlín: 17 de febreiro de 2017 3 de marzo de 2017 |
Duración | 137 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Orzamento | $97–127 millóns[2][3] |
Recadación | $619 millóns[2] |
Na rede | |
http://www.logan.movie/ | |
|
No ano 2029, mentres os mutantes están en vías de extinción, Logan vive discretamente como chofer e coida do seu vello amigo o profesor Charles Xavier, doente e moi feble, agochado no norte de México coa axuda de Caliban, un dos últimos mutantes que aínda viven. Pero Logan axiña terá que deixar a súa vida retirada para axudar a Laura, unha rapaza acurralada por perigosos individuos. Ten poderes semellantes aos de Lobeto como as gadoupas retráctiles e o poder de recuperación.[12]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.