Liu Cixin
escritor chinés de ciencia ficción From Wikipedia, the free encyclopedia
Liu Cixin (chinés simplificado: 刘慈欣; pinyin: Liú Cíxīn), nado en Pequín o 23 de xuño de 1963, é un escritor chinés de ciencia ficción, gañador nove veces do premio Galaxy e unha vez do premio Xingyun (o máximo galardón en chinés para as novelas de fantasía e ciencia ficción). Autor moi prolífico, está considerado como un dos máis recoñecidos escritores do xénero na China.[1][2] Antes de gañar fama como escritor, traballaba como enxeñeiro nunha central eléctrica en Yangquan, na provincia de Shanxi. Liu creou un novo tema clásico na ciencia ficción chinesa, e os seus escritos están enfocados principalmente no rol da China nun mundo futuro.[3][4]
Obras
- A era da supernova (《超新星纪元》, 1999)
- Mestre rural (《乡村教师》, 2001)
- Esfera de luz (《球状闪电》, 2004)
- Triloxía do tres corpos
- O problema do tres corpos (《三体》, 2007). Edicións B, 2016.
- O bosque escuro (《黑暗森林》, 2008). Edicións B, 2017.
- O fin da morte (《死神永生》, 2010). Edicións B, 2018.
Triloxía do tres corpos
Na súa triloxía do tres corpos, Liu presenta a personaxes chineses en primeira liña nos contactos e guerras seculares contra unha civilización alieníxena. Imaxina civilizacións dispersas por toda a galaxia cun esquema de lei da xungla, aínda que a distancia entre civilizacións prevén contra encontros indeseados, e coa crenza de que todo contacto é un risco máis ca unha oportunidade: as civilizacións ocultan a súa localización, e atacan a calquera que expón a súa posición e ven en inferioridade.
No primeiro libro, unha científica chinesa que sofre depresión envía unha mensaxe a un planeta nun sistema estelar triplo durante a Revolución Cultural. Trinta anos despois, outro científico descobre de novo unha civilización no planeta, que sofre efectos negativos por causa do tres soles. A civilización despachou unha frota de naves para conquistar a terra, cuxa chegada se prevé en catro séculos.
Existe unha tradución ao inglés, ao portugués e ao español da triloxía[5][6][7][8] mais non ao galego polo de agora.
Premios
- Premio Galaxy (China) a escritor de ciencia ficción.
- Premio Nébula da World Chinese Science Fiction Association (Xingyun Jiang 星云奖) ó mellor escritor.[9]
- Premio Hugo á mellor novela en 2015 pola súa novela O problema dos tres corpos.[10] Premio Locus á mellor novela de ciencia ficción en 2017 pola súa novela O fin da morte. Así mesmo coa citada novela foi nomeado ao Premio Hugo en 2017.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.