xefe de Estado de Estonia From Wikipedia, the free encyclopedia
O Presidente da República de Estonia (en estoniano: Eesti Vabariigi President) é o xefe de Estado da República de Estonia. A actual presidenta é Kersti Kaljulaid, elixida polo Parlamento o 3 de outubro de 2016, converténdose na primeira muller e na persoa máis nova que ocupa o cargo.
Presidente de Estonia Eesti Vabariigi President | |
---|---|
Bandeira presidencial | |
Residencia | Palacio Presidencial (et) Kadriorg |
Ámbito | Estonia |
Duración | 5 anos renovábeis (só unha vez de xeito consecutivo) |
Creación | 24 de abril de 1938 |
Primeiro titular | Konstantin Päts |
Salario | €5,288 monthly[1] |
Sitio web | president |
Estonia é unha república parlamentaria na que o presidente é unha figura cerimonial sen poder executivo. O presidente está obrigado a suspender a súa adhesión a calquera partido político para exercer o seu mandato. Ao asumir o cargo, a autoridade e as funcións do presidente en todos os demais cargos electos ou designados cesan automaticamente. Estas medidas deberían axudar teoricamente ao presidente a funcionar dunha forma máis independente e imparcial.
O presidente é elixido polo Riigikogu ou un órgano electoral especial para un mandato de cinco anos. O corpo electoral convócase no caso de que ningún candidato consiga unha maioría de dous terzos no Riigikogu despois de tres xornadas de votacións. O órgano electoral, que está formado por todos os membros do Riigikogu e representantes electos de todos os autogobernos locais (polo menos un representante por cada municipio, pero non máis de 10 representantes segundo o número de cidadáns con dereito a voto residentes no municipio), elixe o presidente, escollendo entre os dous candidatos coa maior porcentaxe de votos.
O presidente ocupa o cargo durante cinco anos. Poden ser elixidos calquera número de veces, pero non máis de dúas veces consecutivamente.
Os autores da primeira constitución estoniana, cos recordos dos abusos de poder dos emperadores rusos, trataron de evitar concentrar demasiado o poder en mans dunha persoa. Isto acabou provocando a creación dun sistema ultraparlamentario. O poder do Parlamento (Riigikogu) era practicamente ilimitado. Ata 1934, o xefe de Estado era o "Ancián do Estado" (Riigivanem), que tamén exercía como presidente de iure do goberno. Non obstante, non podería desempeñar un papel de equilibrio en caso de conflito entre o Parlamento e o Goberno. O Ancián do Estado e o Goberno dependían completamente do Parlamento. As funcións que normalmente exerce un presidente nos sistemas parlamentarios dividíronse entre o portavoz do Riigikogu, o Ancián do Estado e o goberno.
A constitución de Estonia foi modificada en 1933, instituíndo un sistema fortemente presidencial. O xefe de Estado, segundo a nova constitución, chamouse tamén o Ancián do Estado. Non obstante, nunca entrou en vigor como consecuencia do auto-golpe de Konstantin Päts en 1934. En 1938, promulgouse outra constitución e o título de xefe do estado cambiouse a "Presidente da República". Déuselle un poder executivo moi amplo, aínda que era algo menos poderoso que o Ancián do Estado da constitución de 1933. Konstantin Päts converteuse na primeira persoa en levar este título. O seu mandato tiña unha duración de seis anos.
Poucos días despois da ocupación soviética de Estonia en 1940, Päts foi obrigado a nomear un goberno marioneta dominado polos comunistas dirixido por Johannes Vares, tras a chegada de manifestantes acompañados de tropas do Exército Vermello con vehículos blindados ao palacio presidencial. O goberno de Vares fora elixido polo oficial soviético Andrei Zhdanov. Despois das eleccións de xullo, Päts foi destituído do cargo. En xullo, Päts, xunto co seu fillo, nora e dúas netas, foron deportados a Ufa, en Rusia.
Segundo a constitución de 1938, se o presidente estivera algunha vez incapacitado ou doutro xeito non puidese exercer as súas funcións, as súas funcións serían asumidas polo primeiro ministro baixo o título de "primeiro ministro en funcións do presidente". De acordo con esta disposición, Vares asumiu as funcións do presidente para dar sanción legal á anexión formal de Estonia pola Unión Soviética en agosto. Non obstante, durante os tempos de guerra ou incapacitación que duran máis de seis meses, a constitución prevé a elección dun presidente en funcións polo Consello Electoral. O Consello Electoral reuniuse en segredo o 20 de abril de 1944 e determinou que o nomeamento de Vares como primeiro ministro en 1940 era ilegal segundo a constitución de 1938. O Consello elixiu a Jüri Uluots como presidente interino o 21 de abril. Uluots nomeo a Otto Tief como primeiro ministro. Posteriormente, Sief foi arrestado polas forzas soviéticas que liberaron o país dos nazis en setembro.
En setembro de 1944, Uluots e os membros sobreviventes do goberno de Tief escaparon a Suecia. Un día antes de morrer Uluots en xaneiro de 1945, un sucesor, August Rei, foi nomeado para asumir o cargo de presidente en funcións. Despois da morte de Rei en 1963, o papel pasou a Aleksander Warma, logo a Tõnis Kint en 1971, e despois a Heinrich Mark en 1990. En outubro de 1992, Mark entregou as súas credenciais ao recentemente elixido presidente da república restaurada, Lennart Meri.
Despois de que Estonia recuperase a independencia, adoptouse unha nova constitución que se baseaba nunha mestura dos documentos de 1920 e 1938. Durante a redacción da nova constitución, inicialmente estaba previsto empregar o título antigo e máis tradicional de Ancián do Estado, para o xefe do Estado. Non obstante, o termo máis moderno de presidente foi elixido despois de consultas públicas. Houbo seis eleccións presidenciais (en 1992, 1996, 2001, 2006, 2011 e 2016). Nas catro primeiras eleccións o parlamento non elixiu o presidente e as eleccións pasaron á asemblea electoral. Lennart Meri foi elixido en 1992 (esta elección, a diferenza das posteriores, tivo unha rolda pública) e foi reelixido en 1996, derrotando a Arnold Rüütel as dúas veces. O propio Rüütel converteuse no próximo presidente no 2001. No 2006, Toomas Hendrik Ilves gañou as eleccións e foi reelixido polo parlamento en 2011. Kersti Kaljulaid foi elixido presidente en 2016.
O presidente da República de Estonia:
A diferenza dos seus homólogos noutras repúblicas parlamentarias, o presidente non é o xefe executivo. Pola contra, a Constitución atribúe explicitamente ao goberno o poder executivo.
Nº | Foto | Nome | Inicio | Fin | Partido | Nacemento e Morte |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | Konstantin Päts | 24 de abril de 1938 | 23 de xullo de 1940 | Liga Patriótica | 23 de febreiro de 1874, Tahkuranna - 18 de xaneiro de 1956, Burashevo, Óblast de Kalinin, URSS | |
1938 - 1ª rolda - elixido polo parlamento e os nomeados municipais como o único candidato con 219 de 238 votos (92,0%). | ||||||
2 | Lennart Meri | 6 de outubro de 1992 | 8 de outubro de 2001 | Coalición Nacional Pro Patria | 29 de marzo de 1929, Tallin - 14 de marzo do 2006, Tallin | |
1992 - 2ª rolda - elixido polo parlamento con 59 de 101 votos (58,4%). 1996 - 5ª rolda - elixido polo parlamento e os nomeados municipais con 196 de 372 votos (52,7%). | ||||||
3 | Arnold Rüütel | 8 de outubro de 2001 | 9 de outubro de 2006 | Unión Popular de Estonia | 10 de maio de 1928, parroquia de Laimjala, condado de Saare | |
2001 - 5ª rolda - elixida polo parlamento e os nomeados municipais con 186 de 366 votos (50,8%). | ||||||
4 | Toomas Hendrik Ilves | 9 de outubro de 2006 | 10 de outubro de 2016 | Partido Socialdemócrata | 26 de decembro de 1953, Estocolmo, Suecia | |
2006 - 6ª rolda - elixido polo parlamento e os nomeados municipais con 174 de 345 votos (50,4%). 2011 - 1ª rolda - elixido polo parlamento con 73 de 101 votos (72,3%). | ||||||
5 | Kersti Kaljulaid | 10 de outubro de 2016 | 11 de outubro de 2021 | Independente | 30 de decembro de 1969, Tartu | |
2016 - 6ª rolda - elixida polo parlamento con 81 de 98 votos (80%). | ||||||
6 | Alar Karis | 11 de outubro de 2021 | presente | Independente | 26 de marzo de 1958, Tartu | |
2021 - 2ª rolda - elixido polo parlamento con 72 de 101 votos (71,3%). |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.