From Wikipedia, the free encyclopedia
O Presidente da República de Belarús (en belaruso: Прэзідэнт Рэспублікі Беларусь: , ruso: Президент Республики Беларусь) é o xefe de Estado de Belarús.
Presidente da República de Belarús | |
---|---|
Estandarte presidencial | |
Residencia | Palacio da Independencia, Minsk |
Designado por | Sufraxio directo |
Duración | 5 anos |
Creación | 20 de xullo de 1994 |
Primeiro titular | Aliaksandr Lukašenka |
O cargo foi creado en 1994 coa aprobación da Constitución de Belarús polo Soviet Supremo. Este substituíu o cargo de Presidente do Soviet Supremo como xefe de Estado. As tarefas do presidenta inclúen levar a cabo política exterior e doméstica, defender os dereitos e o benestar xeral dos cidadáns e residentes, e respectar a Constitución. A Constitución obriga ao Presidente a exercer como líder nos asuntos sociais do país e a actuar como o seu máximo representante no estranxeiro. Os deberes, responsabilidades e outras cláusulas de transición que incumben presidencia son listados no capítulo tres, artigos 79 a 89, da Constitución.
O mandato do presidente dura cinco anos, mais debido a un referendo en 1996, as eleccións que debían ser realizadas en 1999 foron atrasadas ao 2001. Baixo a Constitución de 1994, o presidente só podería exercer durante dous mandatos, mais debido a un cambio na constitución, os límites de mandatos foron eliminados. Durante o tempo no que existe o cargo, fixéronse eleccións en 1994, 2001, 2006, 2010 e 2015. Alexander Lukashenko foi a única persoa que ocupou o cargo de presidente dende as eleccións de 1994.
A oficina Presidencial está localizada no Palacio da República en Minsk, mentres a residencia presidencial está en Zaslawye (Заслаўе), na rexión de Minsk.
A independencia de Belarús foi declarada por primeira vez en 1918 como República Democrática Belarusa. O seu xefe de Estado foi o Presidente dun goberno supremo provisional, a Rada da República Democrática Belarusa. En 1919, o Exército Vermello soviético forzou a Rada da República Democrática Belarusa ao exilio, onde a Rada aínda existe, agora liderada pola Presidenta Ivonka Survilla. Baixo o mandato soviético, o líder de facto da República Socialista Soviética de Belarús era o primeiro secretario do Partido Comunista de Belarús, o único partido legal na Belarús soviética.
A República de Belarús foi formada en 1991 pouco despois de se declarar independente da Unión Soviética. Dende a independencia até a aprobación da Constitución en 1994, o Presidente do Soviet Supremo foi xefe de Estado e Primeiro Ministro como xefe de goberno. Cando o cargo da presidencia foi creado, a función do primeiro ministro foi reducida a asistir o presidente e resultou na disolución do Soviet Supremo, xunto co seu Presidente, en 1996.[1]
Nas primeiras eleccións para o cargo de presidente, o Primeiro Ministro de Belarús, Vyacheslav Kebich, foi derrotado por Alexander Lukashenko, converténdose este no primeiro presidente.[1] Nas eleccións de 2001 e 2006, as cales recibiron queixas dos observadores internacionais, os poderes occidentais e os partidos de oposición interna por non cumprir cos estándares de democracia e xustiza, o presidente Lukashenko derrotou os outros candidatos na primeira votación. En maio de 2019, era aínda a única persoa en ocupar o cargo de Presidente de Belarús .[2]
O artigo 79 da Constitución de Belarús otorga o status de xefe de Estado ao Presidente da República de Belarús. É tamén considerado o gardián da Constitución e os dereitos e liberdades dos que reclamen a cidadanía ou residencia belarusa. O Presidente é a personificación da unificación do Estado belaruso cando dirixe os asuntos exteriores ou internos e é o representante principal cando trata con outras nacións ou organizacións internacionais. Ao Presidente tamén se lle encomenda a seguranza, prosperidade e estabilidade do país e actúa como un intermediario entre os corpos do goberno nacional.
Para poder optar ao cargo, un candidato ten que ser cidadán belaruso de nacemento e ter máis de trinta e cinco anos. O candidato tamén ten que levar 10 anos residindo dentro da República e ten que estar capacitado legalmente para emitir un voto. Os requisitos aparecen no artigo 80 da Constitución.
As eleccións para presidente fanse cada cinco anos por un voto nacional. Os candidatos, apenas son considerados elixibles baixo o artigo 80 da Constitución, deben recoller sinaturas de votantes elixibles. Despois de recoller e certificar 100,000 sinaturas, o candidato é declarado oficialmente polo Comité de Eleccións Central. Na votación, os votantes elixibles votan de forma secreta. Durante a primeira rolda, se un candidato gaña o cincuenta por cento máis un dos votos, é declarado Presidente electo. Se ninguén consegue ese número durante a primeira rolda, entón celébrase unha segunda volta entre os dous candidatos que gañaron máis votos. A persoa que obtén máis votos na segunda volta é declarado Presidente electo.
No caso de que o cargo ficase vacante, as eleccións para substituír o presidente deben celebrarse entre trinta e setenta días despois de que o cargo quede baleiro. Durante os ciclos de elección normal, as eleccións teñen que celebrarse antes dos últimos dous meses do presidente actual. Nunha ou outra situación, o corpo de goberno que pide as eleccións é a Casa de Representantes. A última rolda de eleccións presidenciais celebrouse en 2015.
Os artigos 84 e 85 establecen os deberes políticos, sociais e nacionais que corresponden ao presidente. Ademais dos poderes enumerados, o artigo 30 permite ao presidente utilizar outros poderes que se lle conceden a el ou ben dende a lei nacional ou dende outras seccións da Constitución.
Unha das prerrogativas do presidente é o dereito a convocar referendos nacionais e eleccións regulares e extraordinarias á Casa de Representantes, o Consello da República e os gobernos representativos locais. Tamén pode disolver ás cámaras do Parlamento, segundo a Constitución. É o seu deber nomear o Primeiro Ministro da República de Belarús co consentimento da Casa de Representantes, e decidir a estrutura do Goberno da República de Belarús. O presidente sanciona as leis, e ten o dereito de devolvelas, totalmente ou parcialmente, con obxeccións á Casa de Representantes. Tamén nomea, e pode destituír,os vice-primeiros ministros, os ministros e os outros membros do Goberno, e decide en casos de dimisión do Goberno, ou algún dos seus membros. Co consentimento do Consello da República, o Presidente nomea o Presidente do Tribunal Supremo, e pode destituír a este Presidente e outros xuíces. O presidente acostuma a entregar mensaxes anuais ao Parlamento, e ten o dereito de participar nas sesións do Parlamento e os seus corpos. En casos de folga, o presidente ten o dereito, nos casos especificados na lei, a aprazar ou suspender unha folga por un período non superior aos tres meses. En asuntos internacionais, é o deber do Presidente dirixir negociacións, asinar tratados internacionais, e nomear e convocar aos representantes diplomáticos da República.
Non só é o xefe de goberno, é o dirixente social de Belarús. O presidente entrega mensaxes aos cidadáns varias veces ao ano e pode emitir decretos para estabelecer días de festivos e vacacións nacionais. É ademais a autoridade principal para a concesión da cidadanía belarusa e pode outorgar honores a individuos. O presidente tamén ten a posibilidade de determinar o estado de buscadores de asilo e outorgar indultos a cidadáns condenados.
Como Comandante en Xefe Supremo das Forzas Armadas de Belarús, o Presidente ten o deber de protexer o territorio belaruso de forzas internas e externas. O presidente pode pedir un estado de emerxencia nos casos seguintes: desastres naturais, unha catástrofe, ou unha situación que implique violencia ou a ameaza de violencia. Sen importar se a declaración afecta o país enteiro ou seccións del, o Consello da República ten que ser notificado polo Presidente e ten que buscar a súa aprobación nun prazo de tres días dende a notificación. As mesmas regras aplican se o Presidente emite un estado de lei marcial no caso dunha posible acción militar contra Belarús. O Presidente ten que formar e encabezar o Consello de Seguridade da República de Belarús, e pode nomear e destituír o Secretario Estatal do Consello de Seguridade e o Mando Supremo das Forzas Armadas.
Antes de que calquera persoa ocupe o cargo oficialmente, ten que realizar un xuramento nun prazo de dous meses dende que resulta elixido. O texto do xuramento é o que segue:
“ | Ao asumir o cargo de presidente da República de Belarús, prometo solemnemente servir á xente da República de Belarús, respectar e salvagardar os dereitos e liberdades do home e do cidadán, cumprir e protexer a Constitución da República de Belarús e Cumprir con rigor e conciencia os altos deberes que me foron concedidos. | ” |
Durante a cerimonia de inauguración, teñen que estar presentes membros de ambas as dúas casas da Asemblea Nacional, ministros de goberno, oficiais e xuíces do Tribunal Supremo, Constitucional e Económico. Ao ler o xuramento, todos os poderes ostentados por un presidente anterior son transferidos ao presidente electo. O texto do xuramento pode ser atopado no artigo 83 da Constitución.
Os artigos 87 a 89 da Constitución articulan o modo no que a presidencia pode cambiar de mans entre ciclos electorais. O Presidente ten a posibilidade de dimitir do cargo en calquera momento polo artigo 87. A carta de debe ser enviada á Casa de Representantes e ser aceptada por eles. O Presidente pode ser destituído do cargo polo artigo 88 se a súa saúde física ou mental está danada. Para que isto suceda, precísase unha maioría de dous terzos na Casa de Representantes e o Consello da República, na resolución para cesar ao Presidente. Un comité ad hoc debe ser formado e ten que determinar o estado da saúde antes de que empece calquera moción. Se o Presidente cometeu un delito grave, como traizón, un terzo da Cámara debe presentar cargos contra o Presidente formalmente. A investigación dos cargos será dirixida polo Consello da República. Para desaloxar ao Presidente do cargo, necesítase que unha maioría de dous terzos voten en prol de condena. O caso criminal é despois enviado ao Tribunal Supremo para revisión. As accións de calquera opción teñen que ocorrer un mes despois de que a resolución sexa aprobada ou a acción será considerada nula pola Constitución.
Segundo o artigo 79 da Constitución, o presidente é inmune á detención, con excepción das cláusulas de traizón e delitos graves que figuran no artigo 88 no mesmo documento. Tamén no artigo 79, o honor e a dignidade do presidente estarán protexidos pola lexislación nacional. A información, xa sexa impresa en noticias ou comunicada por televisión, que se considera que é difamatoria contra o presidente é ilegal segundo o artigo 5 da Lei de prensa de Belarús.[3][4]
O presidente tamén ten unha residencia oficial en Minsk rodeada polas rúas de Marx, Engels, Kirov e Komsomol. Do mesmo xeito que a Casa Branca americana, as rúas próximas á residencia están pechadas ao tráfico de vehículos e son patrulladas por forzas policiais..[5]
Oficialmente, o único símbolo que denota a presenza do Presidente é a Bandeira do Presidente de Belarús (Штандар Прэзідэнта Рэспублікі Беларусь). O estandarte, que está en uso dende o 27 de marzo de 1997, foi adoptado por un decreto chamado "Respecto do Estándar do Presidente da República de Belarús", sancionado polo Presidente Lukashenko.
O deseño do estandarte é unha copia exacta da bandeira nacional, coa adición do emblema nacional de Belarús en dourado. A proporción do estandarte de 5:6 difire da bandeira nacional, sendo o estandarte case cadrado. O estandarte está bordeado por un floco de ouro. Hai varias copias do estandarte, o orixinal custódiase na oficina do Presidente mentres outras copias son utilizadas en edificios, residencias e vehículos para denotar a súa presenza.[6][7]
# | Presidente | Inicio do mandato | Final do mandato | Partido | |
---|---|---|---|---|---|
1 | Alexander Lukashenko
(1954 -) |
20 de xullo de 1994 | 17 de novembro de 2007 | Independente/Non-partidario | |
(1) | 17 de novembro de 2007 | Presente | Belaya Rus |
Candidato | Partido | Votos | % | |
---|---|---|---|---|
Aliaksandr Lukašenka | Independent | 5,102,478 | 84.14 | |
Tatsiana Karatkevich | Referendo popular | 271,426 | 4.48 | |
Sergei Gaidukevich | Partido Democrático Liberal | 201,945 | 3.33 | |
Nikolai Ulakhovich | Partido Patriótico Belaruso | 102,131 | 1.68 | |
Contra todos | 386,225 | 6.37 | ||
Votos nulos/en branco | 48,808 | – | ||
Total | 6,113,013 | 100 | ||
Votos totais | 7,008,682 | 87.22 | ||
Fonte: Belta |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.