From Wikipedia, the free encyclopedia
Lisias (en grego Λυσίας), nado en Atenas en -458 e finado en -380, foi un dos dez oradores áticos.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 445 a. C. Atenas, Grecia |
Morte | 380 a. C. (64/65 anos) Atenas, Grecia |
Actividade | |
Ocupación | orador , logographer (en) , escritor |
Período de tempo | Antigüidade clásica |
Lingua | Grego antigo |
Familia | |
Pai | Cephalus (en) |
Irmáns | Polemarchus (en) e Euthydemus (en) |
Malia nacer en Atenas, foi meteco e nunca gozou do dereito de cidadanía xa que o seu pai, Céfalo, era de Siracusa. No ano -404, o réxime oligárquico dos Trinta Tiranos privou a Lisias e ao seu irmán Polemarco de todas as súas posesións. Cando mataron a este último, Lisias fuxiu a unha poboación veciña.
Regresou a Atenas no ano -403, trala derrota dos Trinta Tiranos e o restablecemento do goberno democrático. Emprendeu entón accións legais contra Eratóstenes, o tirano responsábel da morte de seu irmán.
Platón alude a Lisias e á súa familia n'A República e no Fedro.[1][2]
Lisias gañouse a vida como logógrafo, escribindo discursos para os litigantes e transformándose na figura máis destacada da oratoria xudicial ática. A súa biografía reflíctese na dobre vertente da súa obra: por unha banda, dedicado ao ensino da retórica e a escribir discursos por encargo; e, por outra, consagrado á tarefa política da restauración da democracia en Atenas e á persecución dos tiranos mediante os seus discursos. Chegou a escribir 233 discursos, dos que só se conservou unha trintena. Os máis coñecidos son Contra Eratóstenes (Κατά Ερατοσθένους), Defensa no xuízo contra Simón (Πρὸς Σίμωνα ἀπολογία) e Sobre o asasinato de Eratóstenes (Ὑπὲρ τοῦ Ἐρατοσθένους φόνου ἀπολογία).[3][4][5][6]
Tiña un talento incomparábel para adaptar os seus discursos ao carácter dos seus clientes. Os trazos máis destacados do seu estilo, como demostran as obras que del se conservan, eran a pureza, a sinxeleza e a claridade.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.