From Wikipedia, the free encyclopedia
O limerick é unha forma poética monostrófica[1] moi coñecida no mundo anglosaxón. Está formado por cinco versos, xeralmente de tipo anapésico ou anfibraico, cun esquema de rima estrita: AABBA.[2] As dúas primeiras liñas riman coa última, e a terceira coa cuarta, que adoitan ser máis curtas. O limerick adoita ser humorístico en intención e moitas veces obsceno.
Esta estrofa adoita datarse en Inglaterra dos primeiros anos do século xviii .[3] Foi popularizado polo escritor e poeta Edward Lear no século xix, aínda que non usou ese nome para a estrofa.
Gershon Legman, que compilou a maior antoloxía do xénero, sostivo que o limerick verdadeiro, como forma popular, é sempre obsceno, citando puntos de vista similares de Arnold Bennett e George Bernard Shaw,[4] e describindo o limerick "limpo" como "unha moda fugaz e tema de concursos de revistas, que raramente supera a mediocridade". Desde o punto de vista folclórico, a forma é esencialmente transgresora; a violación de tabús forma parte da súa función.
Aldous Huxley, Rudyard Kipling, Dante Gabriel Rossetti, John Updike, Erica Jong, W. H. Auden, Mark Twain e James Joyce, entre outros, cultivaron esta forma.
Os versos 1, 2 e 5 son máis longos, normalmente con tres pés de tres sílabas (anapaestos ou anfibrados), que riman entre si, e as liñas 3 e 4 son máis pequenas con dous pés de 3 sílabas, tamén rimando entre si.[5] [6]
O esquema de rima é AABBA.
Fóra do mundo anglosaxón, o poeta brasileiro Joaquim Sousa Andrade (Sousândrade)[7] foi influenciado por esta forma poética no seu libro A Guesa.
O nome do poema é xeralmente considerado como unha referencia á cidade irlandesa de Limerick[8], pero o seu uso foi documentado por primeira vez en Inglaterra en 1846, cando Edward Lear publicou A Book of Nonsense.[9][10] Trata, a maioría das veces, de temas de tendencia humorística, ás veces obscenos.
Gerson Legman, que compilou unha ampla e erudita antoloxía, considerou o limerick verdadeiro como unha forma popular, é xeralmente obscena. Tales puntos de vista tamén son mantidos por Arnold Bennett e George Bernard Shaw.[Cómpre referencia][6][11]
Debátese a orixe do nome desta forma. O seu uso documentouse por primeira vez en Inglaterra en 1898 (no New English Dictionary ), e nos Estados Unidos en 1902, pero posteriormente documentáronse varios casos anteriores. O nome tómase xeralmente como unha referencia á cidade ou condado de Limerick, en Irlanda,[12] ás veces ligada aos chamados Maigue Poets irlandeses, e pode derivar dunha forma anterior de chistes en verso de xogos de salón, que tradicionalmente incluían un estribillo coa frase: «Will [or won't] you come (up) to Limerick?» [«Virás [ou "non virás""] a Limerick?»]. A frase "come to Limerick" coñécese no argot estadounidense desde a Guerra civil, tal e como documentan o Historical Dictionary of American Slang e a American Dialect Society List. Un significado desta frase, proposto por Stephen Goranson na lista ADS, podería referirse ao Tratado de Limerick, que significa rendición. [13]
Nos arquivos da American Dialect Society, o primeiro rexistro de Limerick deste tipo de poemas data de 1880, nun xornal de Saint John, New Brunswick, acompañado dunha melodía aparentemente popular.[13]
O Limerick foi popularizado por Edward Lear no seu primeiro Book of Nonsense de 1845 e nun traballo de 1872 sobre o mesmo tema. Lear escribiu 212 limericks que caen dentro da literatura (nonsense) sen sentido. Na súa época era habitual achegar ao poema unha ilustración ad hoc.
O seu verso final era unha especie de conclusión, normalmente unha variante do primeiro verso, rematado na mesma palabra.
Who never did anything wrong;
He lay on his back,
With his head in a sack,
That innocuous old man of Hong Kong
Había un vello de Hong Kong,
que todo fixo sempre bon,
deitouse sobre as costas,
coa cabeza nunha bolsa
o inocuo ancián de Hong Kong.There was a Young Person of Smyrna
Whose grandmother threatened to burn her.
You incongruous old woman of Smyrna!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.